XXV Torneo de Tenis Concello da Estrada

01 Octubre 2019

cartel1

Preme para consultar as Bases:


1. O Torneo rexerase polas normas da R.F.E.T.. É indispensable estar en posesión da licenza federativa de tenis para o presente ano, para disputar as probas federadas, non así para a proba mixta non federada.
2. Probas a disputar: Absoluto e infantil (masculino e feminino en tódalas probas se hai un mínimo de 6 participantes), e absoluto mixto non federado.
3. Os cadros finais serán de 16 xogadores con 4 clasificados da fase previa, se hai os suficientes xogadores inscritos. Os cadros de previa son sen limite de prazas.
4. Xogarase a 2 sets con tie break e supertie break en lugar do terceiro set. Por decisión do xuíz arbitro, poderase modificar o sistema de xogo (segundo o regulamento técnico da RFET) por motivos de tempo ou meteorolóxicos.
5. Os partidos xogaranse en pistas de moqueta, e poderase xogar en pavillóns de pista dura, por causas meteorolóxicas; nas instalacións do Concello da Estrada e se fose necesario utilizaríase luz artificial.
6. As datas de celebración serán do 10 o 20 de outubro.
7. Se fose necesario podería ter que xogarse dous partidos o mesmo día.
8. Para cada partido utilizarase un bote de pelotas que terán que recoller na conserxería do Pavillón “M. Coto Ferreiro” e devolver ao remate do mesmo.
9. É obrigación dos xogadores decatarse da data e hora dos seus partidos. O Xuíz Árbitro poderá aplicar W.O. a todo xogador que non se presente a xogar 10 minutos despois da hora oficial sinalada para o seu partido.
10.Recoméndase a tódolos xogadores que teñan problemas de horarios o comuniquen ó inscribirse.
11.Os xogadores en pista deberán vestir de forma regramentaria e axustalo seu comportamento as normas do Código de Conduta.
12.Os resultados dos partidos comunicaranse aos organizadores, no pabillón ou no telefono 696359226.
13. A data limite para a inscrición será o 4 de outubro as 16 horas. O sorteo será o día 7 ás 16:00 horas.
14.As inscricións realizaranse on-line, na páxina de ibertenis, ou a través do Concello da Estrada.
15.Os prezos das inscricións serán de 8 euros para os infantís, e de 10 euros para a categoría absoluta, non se cobrará inscrición na categoría mixta non federada.
16.Tódalas cuestións que se susciten non determinadas neste regulamento serán resoltas polo Xuíz Árbitro ou polos adxuntos que el nomee para substituílo na súa ausencia. As súas decisións serán inapelables.
17.DEREITOS DE IMAXE: Estas bases son públicas. A inscrición ou participación no torneo supón a cesión dos dereitos de imaxe a: Clube Escola de Tenis MVL e o Concella da Estrada por parte de tódolos participantes na proba, sexan xogadores, adestradores, membros da organización ou público. Todo aquel xogador, adestrador, membro da organización ou público que non  esexe participar coa súa imaxe nos actos da proba excepto: fotografías de entrada en pista, de grupo e entrega de trofeos, deberá comunicalo por escrito a través dos canles de comunicación  da proba.
18.Organización:
Organiza Clube Escola de Tenis MVL
Absoluto mixto, Absoluto feminino, infantil (masculino e feminino)
Número de homologación 9 144
Director da proba: Óscar Vázquez
Xuíz árbitro: Marcos Vilasánchez
Adxuntos: Gonzalo Fernández, Daniel García,
Miguel Sánchez, David Conde, Manuel Miranda

Absoluto masculino
Número de homologación 9 145
Director da proba: Óscar Vázquez
Xuíz árbitro: Gonzalo Fernández
Adxuntos: Marcos Vilasánchez, Daniel García,
Miguel Sánchez, David Conde, Manuel Miranda

Teléfono de contacto 696359226
E-mail de contacto Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.

 

  Concello da Estrada
Praza do Concello s/n
36680 A Estrada - Pontevedra
Telf: 986570165
info@aestrada.gal
- Política de privacidad
- Aviso legal
Conforme con:
HTML5 | CSS 3.0
face1
twitter1
inst1
youtub1