Programación Cultural - TEATRO PRINCIPAL

"GUATEQUE DE PRIMAVERA" coa banda de Manuel Manquiña e as Beatles galegas e "O MEU AVÓ É MAGO" da Cía Mundo Mandarina.

 

“GUATEQUE DE PRIMAVERA”

Coa banda de Manuel Manquiña e as Beatles galegas                           

DÍA: 5 de  maio

HORA: 21.00h

XÉNERO: Concerto

DURACIÓN: 120 min

CATALOGACIÓN: + 12

ENTRADA: 2,00 € (Entrada anticipada Cultura. entrada de balde para aqueles que leven algún motivo floral)

A banda do polifacético showman Manuel Manquiña, Os fabulosos Wekeend traerá ao Principal temas do pop-rock dos anos 60/70. Pola súa banda, The Funkles  realizará un concerto tributo aos Beatles en clave funk. Foi proclamado, recentemente, grupo revelación da International Beatleweek Festival de Liverpool, festival no que actuaron no mítico The Cavern. Chegarán á Estrada despois de realizar unha xira por Finlandia e Rusia.

 

 

“O MEU AVÓ É MAGO”

Cía Mundo Mandarina                           

DÍA: 6 de  maio

HORA: 12.30h

XÉNERO: Espectáculo de maxia infantil

DURACIÓN: 50 min

CATALOGACIÓN: 4-9

ENTRADA: 3,00 € (Entrada anticipada Cultura)

A pallasa Mandarina recibe clases do seu avó, o grande ilusionista e prestidixitador Evaristo Poncio. Na sala de ensaios está todo preparado, só falta que chegue el. Mentres agarda, a curiosa Mandarina aproveita para atusmar nos obxectos máxicos do avó e facerlles maxia aos pequenos voluntarios do público. Ademais de aprender a facer maxia, Mandarina terá que aprender que o avó non vai vir máis.

 

 

  Concello da Estrada
Praza do Concello s/n
36680 A Estrada - Pontevedra
Telf: 986570165
info@aestrada.gal
- Política de privacidad
- Aviso legal
Conforme con:
HTML5 | CSS 3.0
face1
twitter1
inst1
youtub1