Programación Cultural - TEATRO PRINCIPAL

"A CABEZA DO DRAGÓN" de Producións Teatrais Excéntricas o venres 12 de maio ás 21.00h,  "CONCERTO DE PRIMAVERA" a cargo da Banda Municipal da Estrada o sábado 13 ás 20.30h e  "NAI EN CONCERTO" o domingo 14 ás 19.00h.

 

 

                     “A CABEZA DO DRAGÓN”

                     Producións Teatrais Excéntricas

DÍA: Venres 12

HORA: 21.00h

XÉNERO: Farsa teatral

DURACIÓN: 80 min

CATALOGACIÓN: +16

LINGUA: Galego

ENTRADA: 5,00 € (Entrada anticipada Cultura)

"A cabeza do Dragón” foi incluída polo autor, Ramón María del Valle-Inclán, nunha coleción de farsas que, titulou, irónicamente, “Retábulo de marionetas para educación de príncipes”. Nesta montaxe, Quico Cadaval, fixa a súa atención en elementos actuais, crítica social, brincadeiras políticas, anacronismos argumentais, comentarios alleos á tradición do conto marabilloso... A función liberadora do riso, a corrupción política, a violencia machista, a anacrónica institución da monarquía, o medo á liberdade ou a banalización do amor romántico son outros temas da obra que continúan de actualidade.

 

 

              “CONCERTO DE PRIMAVERA”

                     Banda Municipal da Estrada

DÍA: Sábado 13

HORA: 20.30h

XÉNERO: Concerto musical

DURACIÓN: 60 min

CATALOGACIÓN: Todos os públicos

ENTRADA: De balde (Previa retirada de invitación no Conservataorio e en Cultura)

Coma todos os anos, a Banda Municipal da Estrada presenta o seu novo repertorio de verán coa estrea de obras que farán as delicias do público estradense afeccionado á música bandística.

                     

                 

                    “NAI EN CONCERTO”         

DÍA: Domingo 14

HORA: 19.00h

XÉNERO: Música galega de autor

DURACIÓN: 60 min

CATALOGACIÓN: Todos os públicos

LINGUA: Galego

ENTRADA: 3€

Os amantes da música folk teñen unha boa oportunidade de disfrutar do repertorio da agrupación galego-portuguesa Nai, un grupo comprometido tanto coa música como con problemáticas sociais como a desigualdade de xénero.

 

 

 

  Concello da Estrada
Praza do Concello s/n
36680 A Estrada - Pontevedra
Telf: 986570165
info@aestrada.gal
- Política de privacidad
- Aviso legal
Conforme con:
HTML5 | CSS 3.0
face1
twitter1
inst1
youtub1