Orazo, Agar, Remesar e Castro sufrirán cortes de luz durante a mañá do sábado

A empresa Unión Fenosa Distribución informa de novos cortes de luz que afectarán a catro parroquias estradenses o vindeiro sábado, día 5, en horario matinal de 08.00 a 14.00 horas. As interrupcións no subministro de electricidade durante ese intervalo de tempo débense a traballos de mantemento e desenvolvemento da rede eléctrica precisos para atender nas mellores condicións as necesidades do subministro da zona.

As instalacións eléctricas sometidas a descargo afectan ás seguintes parroquias e lugares: Orazo (San Lois, Pazos e Orosa); Agar (Penalobeira, Pena do Foxo, Sorribas, O Souto, O Outeiro, Pepe, Gonxar, Paraxó, A Revolta, Valiñas, Pedreira, A Lagoa, Río e Gueifas); Remesar (A Vilasusán e Vilanova) e Castro (Camiño Real).

Os interesados poderán obter máis información a través do teléfono 900 333 999.

Descargar información completa.

 

  Concello da Estrada
Praza do Concello s/n
36680 A Estrada - Pontevedra
Telf: 986570165
info@aestrada.gal
- Política de privacidad
- Aviso legal
Conforme con:
HTML5 | CSS 3.0
face1
twitter1
inst1
youtub1