A EMAE abre o prazo de inscrición para o vindeiro curso

A Escola Municipal de Artes Escénicas (EMAE) da Estrada abre o seu prazo de inscrición para o curso 2017/2018 a partir deste mes de agosto. Un curso que comezará en outubro e que se prolongará ata xuño, cun total dunha sesión por semana de dúas horas de duración.

A oferta de prazas está dirixida a novos alumnos. Os alumnos matriculados no curso 2016/2017 teñen a súa praza xa reservada. A oferta de prazas abrangue catro grupos de alumnos:

GRUPO INFANTIL (6-10 anos)

GRUPO XUVENIL 1  (15-18 anos)

GRUPO XUVENIL 2 (11-14 anos)

GRUPO ADULTOS (+18 anos)

O prezo da matrícula é de 96 euros/ano para o grupo infantil e xuvenís; e de 120 para o grupo de adultos. Haberá dúas clases de cortesía antes de formalizar a inscrición definitiva na Escola. Os teléfonos para facer a reserva son 986 573 601 (Departamento de Cultura do Concello) e 647 411 970.

O contido da oferta didáctica seguirá incidindo no traballo interpretativo a través da expresión corporal, a voz e a improvisación; fomentando a desinhibición do alumnado e estimulando a súa creatividade. Dentro dos cursos monográficos que complementarán a oferta docente ao longo do ano, a EMAE organizará un curso de "Actuación diante da cámara" e outro de "Escritura de guións e textos dramáticos".

A inscrición no novo curso rematará a finais de setembro.

 

  Concello da Estrada
Praza do Concello s/n
36680 A Estrada - Pontevedra
Telf: 986570165
info@aestrada.gal
- Política de privacidad
- Aviso legal
Conforme con:
HTML5 | CSS 3.0
face1
twitter1
inst1
youtub1