Convocatoria programa EMEGA para o fomento do emprendemento feminino en Galicia

As axudas concédense en réxime de concorrencia competitiva e teñen por obxecto apoiar e fomentar o emprendemento feminino en Galicia e a creación de emprego, por conta propia e por conta allea, para mulleres.

O programa Emega comprende as seguintes liñas e axudas complementarias:

a) Liña Emprende: liña de axudas económicas mediante incentivos para promover a posta en marcha de novas iniciativas empresariais;

b) Liña Innova: liña de axudas económicas mediante incentivos para promover a implantación de medidas innovadoras para a mellora da competitividade;

c) Liña Activa: liña de axudas económicas mediante incentivos para favorecer a reactivación e consolidación de empresas para paliar unha situación económica adversa e acadar o necesario equilibrio empresarial para asegurar a súa pervivencia e consolidación no actual contexto económico;

d) Liña ITEF: liña de axudas económicas mediante incentivos para impulsar a implantación de iniciativas empresariais de carácter innovador,
con contido científico ou con base tecnolóxica;

e) Axuda complementaria Concilia: co obxecto de promover a conciliación da vida persoal, familiar e laboral, en dúas modalidades:
Concilia-promotoras e Concilia-persoas traballadoras por conta allea;

f) Axuda complementaria Dual: para incentivar a participación no programa de titorización que organiza a Secretaría Xeral da Igualdade co obxecto de facilitar a implantación e consolidación dos proxectos empresariais subvencionados ao abeiro da convocatoria.

A contía das axudas establécese en función da liña solicitada e do número de postos de traballo xerados para mulleres, por conta propia e por conta allea, de acordo co seguinte:

Liña Emprende: incentivos desde 12.000 € ata 22.000 €.
Liña Innova: incentivos desde 15.000 € ata 22.000 €.
Liña Activa: incentivos desde 6.000 € ata 18.000 €.
Liña ITEF: incentivos desde 18.000 € ata 50.000 €.
Axuda complementaria Concilia:
Concilia-promotoras: incentivo de 3.000 €.
Concilia-persoas traballadoras por conta allea: incentivo de 1.000 € a 5.000 €.
Axuda Dual: incentivo de 500 €.

Entidades beneficiarias
Poderán ser beneficiarias das axudas do programa Emega as empresas privadas formadas por mulleres que inicien a súa actividade económica ou formalicen os seus plans Innova ou Activa no período comprendido entre o 1 de agosto de 2016 e a data da fin do prazo de presentación de solicitudes, sempre que cumpran todas as condicións e requisitos comúns e os específicos da correspondente liña ou tipo de axuda previstos nas bases reguladoras.

Prazo de presentación: 1 mes (4 de setembro de 2017)

Orde de convocatoria: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2017/20170804/AnuncioG0244-310717-0001_gl.pdf

 

 

 

 

  Concello da Estrada
Praza do Concello s/n
36680 A Estrada - Pontevedra
Telf: 986570165
info@aestrada.gal
- Política de privacidad
- Aviso legal
Conforme con:
HTML5 | CSS 3.0
face1
twitter1
inst1
youtub1