Convocatoria de subvencións destinadas a incentivar o emprego autónomo e a contratación de persoas mozas inscritas no sistema nacional de Garantía Xuvenil

O obxecto deste programa é axudar a financiar aqueles proxectos empresariais cunha viabilidade económica e financeira que faciliten a creación do seu propio posto de traballo ás persoas mozas desempregadas que figuren inscritas no Sistema nacional de garantía xuvenil como interesadas en recibir as accións executadas no contexto da garantía xuvenil e que pretendan desenvolver a súa actividade empresarial ou profesional en Galicia como  persoas traballadoras autónomas ou por conta propia.

Persoas beneficiarias

Poderán ser beneficiarias das axudas deste programa as persoas mozas inscritas no Sistema nacional de garantía xuvenil que procedan á creación do seu propio posto de traballo mediante a súa constitución en persoas traballadoras autónomas ou por conta propia, e que desenvolvan fundamentalmente a súa actividade empresarial ou profesional en Galicia.

As subvencións destinaranse aos seguintes programas:

a) Programa I. Promoción do emprego autónomo de persoas mozas inscritas no Sistema nacional de garantía xuvenil (procedemento TR341J).

b) Programa II. Incentivos a empresas e empregadores, con centros de traballo en Galicia, que realicen unha contratación indefinida inicial, unha contratación temporal ou unha transformación en indefinido dun contrato temporal subvencionado ao abeiro deste programa, con persoas mozas inscritas no Sistema nacional de garantía xuvenil (procedementos TR349I e TR349L).

c) Programa III. Programa de cooperación coas entidades sen ánimo de lucro, dirixido a mellorar a empregabilidade e a inserción profesional das persoas mozas inscritas no Sistema nacional de garantía xuvenil (procedemento TR352C).

Prazo de solicitude: 30 de setembro de 2017

Orde de convocatoria: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2017/20170804/AnuncioG0424-210717-0001_gl.pdf

 

 

 

 

  Concello da Estrada
Praza do Concello s/n
36680 A Estrada - Pontevedra
Telf: 986570165
info@aestrada.gal
- Política de privacidad
- Aviso legal
Conforme con:
HTML5 | CSS 3.0
face1
twitter1
inst1
youtub1