As tres nenas saharauís que pasaron o verán na Estrada foron despedidas hoxe no Concello

Recibiron de agasallo diverso material escolar.


Coa chegada de setembro as vacacións de verán chegan ó seu fin e toca volver a rutina. Tamén o deben facer os nenos saharauís que pasan o período estival lonxe da súa terra a que deben regresar. Hoxe pola mañá a Sala de Xuntas do Concello da Estrada acolleu a despedida das tres nenas saharauís que desfrutaron destes dous meses no municipio estradense a través do programa Vacaciones en Paz, promovido pola Asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharauí. Aínda que realmente marcharán na vindeira semana.


As cativas, xunto con membros das súas familias de acollida, foron recibidas pola concelleira de Servizos Sociais, Amalia Goldar. Fátima e Hayer de 13 anos e Nazah de 12 repetiron esta experiencia xa en varias ocasións e durante o acto comentaron que teñen ganas de volver o seu país porque botan de menos ós seus familiares, pero por todo o demais quedaríanse en Galicia. “De Galicia gústame todo”, comentou sen pensar Zahah. A comida é un dos gustos no que coinciden as tres, sendo os spaghettis, o polo e a pizza o que máis prefiren, pero en xeral todo, incluída a froita. As cativas tamén destacan outras cousas de Galicia como ir á praia, ás festas ou simplemente o feito de ter que facer a compra.


Os pais de acollida e Goldar aproveitaron a ocasión para animar á cidadanía a que colaboren nesta causa, porque a pesar dos gastos que supón, coa viaxe, seguros e outras cuestións ronda os 1.000 euros, a experiencia é moi gratificante.
Tras a finalización do acto a concelleira fíxolle entrega de diverso material escolar, incluídas mochilas, para cada unha delas e ademais o Concello aportou un lote de libros para repartir entre os rapaces do seu país.

 saharauis2017

 

 

 

  Concello da Estrada
Praza do Concello s/n
36680 A Estrada - Pontevedra
Telf: 986570165
info@aestrada.gal
- Política de privacidad
- Aviso legal
Conforme con:
HTML5 | CSS 3.0
face1
twitter1
inst1
youtub1