Aberto o prazo para a actividade de piscina dos maiores

Hoxe, día 1, abriuse o prazo para anotarse nas actividades de piscina para os maiores de 52 anos ou para os menores que teñan unha minusvalía igual ou superior ao 33%. O período para realizar a inscrición rematará o día 15 de setembro. A actividade, que ten un custe total de 20 euros por persoa, terá lugar entre o 2 de outubro e o 29 de decembro.


Haberá un total de cinco grupos que contarán, cada un, con 12 prazas. Cada persoa admitida asistirá un día á semana durante 45 minutos.


Os horarios serán:

  • Os luns de 09.45 a 10.30 horas.
  • Os mércores de 9.45 a 10.30 horas e de 20.00 a 20.45 horas.
  • Os venres de 09.00 a 09.45 horas a 09.45 a 10.30 horas.

 

Os interesados en anotarse deberán facelo no departamento de Servizos Sociais do Concello de luns a venres e en horario de 09.00 a 14.00 horas. Terán preferencia as persoas que non participaron nas quendas anteriores, xa que houbo outras dúas durante este ano, e despois terase en conta a orde de rexistro da solicitude. Dende o departamento de Servizos Sociais afirman que esta iniciativa ten unha moi boa aceptación e sempre se  cobren todas as prazas quedando persoas fóra.

 

 

 

 

  Concello da Estrada
Praza do Concello s/n
36680 A Estrada - Pontevedra
Telf: 986570165
info@aestrada.gal
- Política de privacidad
- Aviso legal
Conforme con:
HTML5 | CSS 3.0
face1
twitter1
inst1
youtub1