Amplíase o horario ós martes pola tarde para solicitar axudas para evitar cortes de luz e agua en fogares economicamente vulnerables

Esta ampliación é só desde setembro a mediados de outubro. O prazo de demanda remata o 15 de decembro

 

O departamento de Servizos Sociais, dirixido por Amalia Goldar, lembra que aínda, e ata o 15 de decembro, está aberto o prazo para solicitar axudas urxentes de tipo social para evitar os cortes de luz e de gas ás persoas economicamente vulnerables. Ó mesmo tempo informa que durante o mes de setembro ata mediados de outubro os interesados tamén poderán levar a cabo a súa solicitude os martes pola tarde en horario de 16.30 a 20.30 horas, ademais de luns a venres en horario matinal, como ata de agora.

 

As solicitudes deben facerse no primeiro andar da Casa Consistorial. Os gastos son subvencionables ó 100% do importe das facturas de electricidade ou gas natural, IVE incluído, correspondentes á vivenda habitual do solicitante, que estean pendentes de pagamento na data da solicitude e xa transcorrera a data límite de pagamento, emitidas por unha comercializadora de electricidade ou gas natural que teña asinado un protocolo de colaboración coa Consellería de Economía, Emprego e Industria para evitar os cortes de subministración. Deberá facerse unha solicitude por cada factura, cun límite de dúas facturas por ano por solicitante e importe máximo de 200 euros por ano por solicitante.

 

Poderán pedir esta axudas as persoas residentes en Galicia cuxos ingresos totais da unidade de convivencia non superen o IPREM (6.390,13 euros por ano) e teñan facturas de electricidade ou gas natural pendentes de pagamento despois da data límite de aboamento, xa teñan ou non a subministración interrompida.

 

 

 

 

 

  Concello da Estrada
Praza do Concello s/n
36680 A Estrada - Pontevedra
Telf: 986570165
info@aestrada.gal
- Política de privacidad
- Aviso legal
Conforme con:
HTML5 | CSS 3.0
face1
twitter1
inst1
youtub1