O Concello recorda a existencia do servizo gratuíto llega800 para solucionar os problemas ocasionados pola tecnoloxía 4G

O Concello da Estrada lembra que llega800 xestiona as incidencias na recepción da sinal de Televisión Dixital Terrestre (TDT) causadas pola activación da tecnoloxía 4G no municipio e faino de maneira gratuíta para os usuarios. Esta empresa habilita un teléfono de atención gratuíto e unha páxina web á que poden recorrer tódolos usuarios para solicitar a actuación nas súas instalacións para a solución dos problemas, de modo que poida restablecerse o servizo TDT con total normalidade.

 

A tecnoloxía 4G, prestada sobre a banda de frecuencias, chega para mellorar a velocidade de conexión a Internet, servizos de televisión baixo demanda, descargas de música, así como decenas de novos servizos que verán a luz os próximos anos para aproveitar o gran ancho de banda da tecnoloxía 4G, permitindo alcanzar velocidades de ata 150Mbps, velocidades que en moitos casos superan as actuais coas liñas fixas de ADSL.

 

A prestación destes servizos xa tiveron lugar noutros países europeos como Reino Unido, Italia e Francia, supoñendo un avance en canto a servizos e prestacións para os usuarios e cidadáns.

 

A prestación dos servizos móbiles nesta banda pode levar á aparición de determinadas afectacións na recepción da sinal de TDT dos usuarios, debido a que se utilizaba anteriormente para o servizo de TDT.

 

O Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo, a través da orde IET/329/2015, do 26 de febreiro de 2015, estableceu o procedemento de actuación para solucionar este tipo de problemas, garantindo que as molestias ós cidadáns sexan mínimas e a súa solución gratuíta.

 

Para solucionar ditas afectacións, no caso de chegar a producirse, os operadores móbiles confían na empresa, llega800, para resolver calquera tipo de afectación que poida afectar a calquera usuario de TDT e en calquera punto do territorio nacional que se vexa prexudicado por este motivo.

 

O número de atención cidadá que é totalmente gratuíto é o 900 833 999 e tamén poden obter toda a información a través da páxina web  www.llega800.es .

 

Co fin de dar a coñecer a existencia dun número de teléfono gratuíto ó que poder recorrer, o plan de actuación acordado recolle a comunicación de maneira previa ó inicio da prestación dos servizos sobre as vivendas que potencialmente poden verse máis afectadas ó atoparse situadas entre as estacións radioeléctricas que incorporen estes novos servizos e os centros emisores TDT. Esta comunicación realizarase de forma individualizada mediante buzoneo e de maneira previa ó acendido, indicando tanto o teléfono gratuíto como a dirección da páxina web na que poderán obter toda a información.

 

Ademais, sobre as zonas de cobertura das estacións base unha vez iniciada a prestación de servizos, atenderase calquera solicitude de afectación que presenten os cidadáns, sendo atendidas inmediatamente e coa máxima celeridade.

  

Modo de actuar

A entidade xestora ten dúas funcións principais:

  • Primeiro, leva a cabo un procedemento preventivo antes do acendido dos nodos. E segundo se vaia acendendo cando nodo, iranse definindo as áreas de potencial afectación. Os usuarios destas zonas recibirán unha comunicación no seu domicilio que lles informará de que a partir dese momento poderán solicitar a adaptación da antena no seu edificio para evitar posibles incidencias.
  • E segundo, levan a cabo un procedemento correctivo despois do acendido dos nodos. A través das liñas de contacto reciben as incidencias dos posibles afectados e xestionase a solución das mesas cando procesa.

 

 

 

 

  Concello da Estrada
Praza do Concello s/n
36680 A Estrada - Pontevedra
Telf: 986570165
info@aestrada.gal
- Política de privacidad
- Aviso legal
Conforme con:
HTML5 | CSS 3.0
face1
twitter1
inst1
youtub1