A Estrada súmase o día 1 ao programa ‘Móllate polos Ríos’ no que participan un total de 46 municipios galegos

Un ano máis, a Estrada únese o día 1 de outubro ao programa Móllate polos ríos, iniciativa da Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galicia (Adega), que está organizada por Proxecto Ríos. Esta será a X Limpeza simultánea e terá lugar en 46 municipios galegos. Na Estrada, a entidade local que está  implicada con esta causa é a Asociación pola Defensa do Val do Liñares.

 

Móllate polos ríos leva facéndose dende o 2008. Durante a xornada os voluntarios saen aos seus ríos para recoller o lixo que atenta contra a riqueza dos ecosistemas fluviais. Outro dos principais obxectivos desta iniciativa é a concienciación social da cidadanía, transmitindo accións que contribúen á defensa da natureza.

 

Os interesados en participar ou en obter máis información poden facelo a través do correo electrónico Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo., do teléfono 981 570 099, ou na páxina web www.proxectorios.org . Tamén poñéndose directamente en contacto coa Asociación pola Defensa do Val do Liñares.

 

A iniciativa está promovida polo Ministerio de Agricultura, Pesca, Alimentación e Medio Ambiente, pola Confederación Hidrográfica do Miño-Sil, por Augas de Galicia e polo Instituto de Estudos do Territorio. Colaboran os concellos de A Coruña, A Estrada, Ames, Allariz, Arzúa, Cambre, Carballo, Fene, Gondomar, Lugo, Nigrán, Ponteareas, Pontevedra, Rianxo, Ribadumia, Salceda de Caselas, San Sadurniño, Santiago de Compostela, Teo e Tomiño.

 

 

 

 

  Concello da Estrada
Praza do Concello s/n
36680 A Estrada - Pontevedra
Telf: 986570165
info@aestrada.gal
- Política de privacidad
- Aviso legal
Conforme con:
HTML5 | CSS 3.0
face1
twitter1
inst1
youtub1