O Teatro Principal acolle o venres unha peza teatral a favor de Agadea

A Asociación Galega de Axuda aos Enfermos con Demencias tipo Alzhéimer (Agadea) está realizando diversas actividades con motivo do Día Mundial do Alzhéimer que se celebrou o pasado día 21. Entre as actividades programadas figura a obra de teatro Na butaca, fantasía nº3 en Dor Maior que se representará no Teatro Principal da Estrada o venres, día 29.

 

Haberá dúas funcións. A primeira en horario matinal, ás 11.30 horas, e vai dirixida para os rapaces de entre 14 e 18 anos. Tras finalizar  terá lugar un foro teatro entre os alumnos e a directora da obra teatral. Terá un prezo significativo dun euro. A segunda representación será ás 20.30 horas e irá destinada a todos os públicos cun custe de cinco euros. A entrada poderase retirar previamente no departamento de Cultura, segundo andar da Casa Consistorial, ou na aula de Agadea, situada no Edificio Novo Mercado en horario de 16.00 a 20.00 horas.

 

Na butaca, fantasía nº3 en Dor Maior é unha obra teatral de ButacaZero que conta co apoio de Agadea e Editorial Galaxia. Aborda a temática do esquecemento de maneira poética durante 50 minutos e a función está entre o teatro contemporáneo e a danza. Toca sobre todo o esquecemento como doenza tipo demencia ou alzhéimer que adoita instalarse na mentes das persoas de certa idade. A obra, partindo da idea do vivir no presente desta personaxe que está esquecida (perdida do seu pasado e do seu futuro), achéganos a unha realidade que por veces amosa paz e outras angustia, felicidade ou rabia. Este proxecto nace da convivencia persoal con persoas afectadas de demencia senil. Esther F. Carrodeguas e Pepa Barreiro xúntanse para, dende o amor, falar en escena dunha realidade tan marxinal como habitual. Do encontro nace este texto tan poético como optimista, aínda que tamén duro por momentos.

 

Todo o recadado pola venta das entradas reverterá en Agadea, xa que se trata dunha función benéfica.

 

 

 

 

  Concello da Estrada
Praza do Concello s/n
36680 A Estrada - Pontevedra
Telf: 986570165
info@aestrada.gal
- Política de privacidad
- Aviso legal
Conforme con:
HTML5 | CSS 3.0
face1
twitter1
inst1
youtub1