Programación do Teatro Principal - Os Fabulosos Cleaners

Os Fabulosos Cleaners, o último espectáculo da compañía malasombra teatro visitará o Teatro Principal o vindeiro sábado en dobre función, ás 12:30 e 20:00h

malasombra2

XÉNERO: Teatro, comedia
DURACIÓN: 60 min
CATALOGACIÓN: Todos os públicos
LINGUA: Galego
ENTRADA: 3,00€ (venda anticipada no Departamento de Cultura)

A nova montaxe de Xoque Carbajal é un espectáculo feito con burbullas de xabón. Un espectáculo visual creado por Luis Beviá que percorreu medio mundo (Londres. Hong-Kong, México, Colombia, Grecia, Islandia...) incorporando este xénero ao mundo das artes escénicas. Na peza, dous expertos operarios de limpeza descobren por casualidade as posibilidades das súas ferramentas de traballo, combinadas con auga e xabón. A partir de aí, o espectador camiñará da man destes personaxes por un mundo cheo de maxia, cor e humor, e verase sorprendido dentro dun patio de butacas repleto de pompas de xabón.

 

 

 

 

 

  Concello da Estrada
Praza do Concello s/n
36680 A Estrada - Pontevedra
Telf: 986570165
info@aestrada.gal
- Política de privacidad
- Aviso legal
Conforme con:
HTML5 | CSS 3.0
face1
twitter1
inst1
youtub1