Constenla visita as obras da depuradora da EDAR de Aguións

O concelleiro de Obras e Servizos, Juan Constenla, visitou as obras que se están levando a cabo para mellorar o rendemento da estación depuradora de aguas residuais (EDAR) de Aguións e que está previsto que rematen nas vindeiras semanas. A execución foi adxudicada por cerca de 12.000 euros á empresa Viaqua. As obras están financiadas na súa maior parte con cargo aos 10.320,71 euros do Fondo de Compensación Ambiental.

 

Constela visita as obras de EDAR de Aguions

 

A nova canalización xa está rematada, que consistiu, tal e como estaba previsto, en cambiar o punto de vertido. Tal e como afirma Constenla nos vindeiros días colocaranse as novas bombas que serán de menor caudal que as anteriores co obxectivo de mellorar o proceso de sedimentación.

 

 

Ata o lugar das obras tamén se acercaron estes últimos días técnicos do Concello para replantear o que será a cuberta dos contedores da liña de desbaste.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

  Concello da Estrada
Praza do Concello s/n
36680 A Estrada - Pontevedra
Telf: 986570165
info@aestrada.gal
- Política de privacidad
- Aviso legal
Conforme con:
HTML5 | CSS 3.0
face1
twitter1
inst1
youtub1