O Concello da Estrada adherirase á Red Española de Ciudades Saludables

Levará a proposta a comisión informativa e despois ao pleno de novembro.

 

O alcalde,José López Campos, xunto con outros membros do goberno local reuniuse esta mañá con persoal do Centro de Saúde da Estrada e do de Oca para informarse sobre a adhesión do municipio á Red Española de Ciudades Saludables (RECS) que persigue a promoción e a protección da saúde e do benestar dos cidadáns, en concordancia cos principios de actuación correspondentes ao proxecto Healthy Cities da Organización Mundial de la Salud.

 

En xeral, as liñas principais da Rede/Sección RECS céntranse en:

_Asegurar o mantemento dos contactos interinstitucionais para a consolidación das relacións intersectoriais, necesarias no ámbito da promoción e protección da saúde.

_Fomentar a colaboración e a acción conxunta das cidades participantes na materia de promoción e protección de saúde.

_Axudar ás cidades participantes a levar a cabo modelos operativos de promoción e protección da saúde na comunidade, que poidan servir como modelos de boa praxes no concernente á promoción e protección da saúde no contexto urbano, en concreto o diagnóstico e os planes de saúde.

 

A de hoxe foi unha reunión informativa, e dito acordo levarase a comisión informativa en vindeiros días  e posteriormente ao pleno de novembro, sendo este un dos requisitos para poder adherirse. Os outros pasos a seguir serán:

  • Ter elaborado unha análise da situación e un plan de saúde para a cidade e o compromiso de elaboralos.
  • Designación dun responsable político e un responsable técnico, como interlocutores ante a Sección.
  • Aceptación das normas de funcionamento .

 

ciudades saudables“Dicir que o plan de saúde xa está elaborado polo persoal do centro de saúde. Eles xa teñen moi avanzado o estado da documentación, entón o que se vai crear é un grupo de traballo mixto, o centro de saúde e o Concello, para coordinar todos os temas que estean derivados deste acordo”, sinala José López.

 

A Estrada incluirase nesta proposta que está vinculada directamente coa Estrategia de Promoción de la Salud y Prevención en el Sistema Nacional de Saúde do Ministerio de Sanidade. “O que se busca e crear hábitos saudables. Coller a aqueles colectivos,sobre todo xente maior, rapaces, os centros educativos... e crear hábitos saudables para previr as enfermidades fundamentalmente as cardíacas, os cánceres e crear tamén unha infraestrutura vinculada a esas actuacións, polo que temos que ter claramente identificadas cales son as zonas que cumprirían con esas condicións de espazo saudables ”, sinala o rexedor.

 

O alcalde destacou a gran labor que están facendo desde o centro de saúde da Estrada e considera que dita iniciativa está moi vinculada coa Edusi. “Agradezo moito e destaco o traballo do persoal do centro de saúde, do seu coordinador e de todo o persoal que hoxe estivo presente e de todos os que forman parte do centro, porque esta iniciativa encaixa perfectamente na Edusi, o que é a estratexia de desarrollo urbano. Son dúas estratexias que son perfectamente complementarias”. López incide en que “unha das partes fundamentais da nosa estratexia é a mellora da mobilidade e  dos espazos urbanos pensados en sitios máis disfrutables para a xente, para que poidan saír á rúa e poidan practicar actividades ao aire libre, algo que está directamente vinculado co tema dos ámbitos saudables”. Por esta razón, o rexedor considera que ambas estratexias “son dúas actuacións moi complementarias que vamos intentar potenciar unha ca outra”.

 

Grupo de traballo

 

Nos vindeiros días esta iniciativa levarase a unha comisión informativa, na que o Concello pretende que estean presentes representantes do centro de saúde para que lles expliquen ás forzas políticas o tema e despois levarase ao pleno de novembro.

 

Unha vez que a iniciativa se aprobe no pleno o obxectivo do Concello é crear un grupo de traballo mixto e dinámico. “O obxectivo é crear despois unha comisión mixta na que se reúnan periodicamente responsables do centro de saúde  con responsables do Concello para poder facer un seguimento destas dúas iniciativas”. Ademais López engade que “teremos que facer unha planificación das actuacións que vamos acometer e para iso ten que haber un grupo de traballo que sexa dinámico e que teñan representantes das dúas entidades. Farase unha análise da situación actual e tamén unha proposta de actuacións, que moitas desas serán as que encaixan na Edusi”.

 

O alcalde conclúe incidindo e en “quen está levando todo o peso é o centro de saúde da Estrada. Dicir que o centro de saúde está facendo un traballo extraordinario, que son un centro de referencia e que a parte de todos os premios nacionais que levan conseguindo, agora queren dar un paso máis. Está claro que a coordinación entre centro de saúde e Concello ten que ser total”.

 

 

 

 

 

  Concello da Estrada
Praza do Concello s/n
36680 A Estrada - Pontevedra
Telf: 986570165
info@aestrada.gal
- Política de privacidad
- Aviso legal
Conforme con:
HTML5 | CSS 3.0
face1
twitter1
inst1
youtub1