As clases dos grupos infantíl e xuvenil da EMAE arrancan o día 21 con 35 novos alumnos

Este sábado terá lugar a presentación do novo curso no Teatro Principal.

 

Este vindeiro sábado, día 14, terá lugar no Teatro Principal a presentación do curso dos grupos infantís e xuvenís da Escola Municipal de Artes Escénicas (EMAE) da Estrada. A preinscrición deste ano superou todas as expectativas previstas, cun listado que acada 35 persoas, entre os 5 grupos que integran a Escola.

 

En devandita reunión, informarase de todos os aspectos relacionados co horario, o profesorado e coas actividades a desenvolver durante todo o curso. As clases comezarán o 21 de outubro e o peche do curso será a finais de xuño do 2018.

 

O proxecto docente dos grupos infantís, formados por cativos de idades comprendidas entre os 6 e os 10 anos, correrá a cargo da Escola de Danza Alfaia dirixida pola bailarina e a pedagoga Paula Quintas; mentres os grupos xuvenís, integrados por mozos de entre 11 e 17 anos, seguirán baixo a tutela de Arturo Covas e Xosé Lueiro.

 

Pola súa banda, o Grupo de Adultos, xa leva traballando desde primeiros de mes, da man da profesora Anabell Gago.

 

Entre outras actividades, a EMAE ten previsto complementar o curso regular, coa impartición de dous cursos específicos de “Elaboración de guións” e “Interpretación diante de cámara”. O primeiro ao longo do mes de novembro, e o segundo, nos meses de febreiro e marzo de 2018.

 

Recordarvos que o importe anual por matriculación e curso é de 96,00€ (grupos infantís e xuvenís) e 120,00€ (grupo de adultos).

 

 

 

 

 

  Concello da Estrada
Praza do Concello s/n
36680 A Estrada - Pontevedra
Telf: 986570165
info@aestrada.gal
- Política de privacidad
- Aviso legal
Conforme con:
HTML5 | CSS 3.0
face1
twitter1
inst1
youtub1