Os nenos dos centros educativos da Estrada reciben a visita sorpresa de Quasimodo

É unha iniciativa do Concello da Estrada para publicitar o desfile de Samaín.

 

panic1Os rapaces dos centros de primaria do municipio están sendo sorprendidos estes días. O motivo? A promoción que está levando a cabo o Concello da Estrada sobre o Desfile de Samaín, integrado dentro da programación do Festival de Cine de  Terror “Panic”, que será o 3 de novembro e que arrancará desde a Praza da Feira.

 

Arturo Covas, caracterizado como o Jorobado de Notre Dame, visitou esta mañá aos alumnos de Primaria dos centros educativos do Foxo, Cabada Vázquez e Pérez Viondi para informalos sobre o desfile da Santa Compaña e sobre a programación do festival Panic. Mañá trasladarase aos colexios de Figueroa, ao Plurilingüe Nosa Señora de Lourdes e ao Manuel Villar Paramá (San Xurxo de Vea).

 

Programación

 

O día 3 terá lugar o Desfile do Samaín, que arrancará ás 16.00 horas, cun taller de maquillaxe na Praza da Feira. Desde este punto arrancará a procesión da Santa Compaña ás 19.00 horas. E media hora despois, na Praza do Concello, actuará o Mago Teto. Ó redor das 20.15 horas os asistentes poderán gozar dunha chocolatada de balde, tamén na Praza do Concello.  A media noite comezará a maratón de cine de terror nos Minicines Central, con entrada de balde e que se prolongará ata as 8.00 do sábado día 4.

 

Lembrar que están á venaa disfraces de Santa Compaña e de meiga en cinco comercios locais: Lolita e Carmiña, As túas labores, Arranxos Cristina, O Dedil e Nobelo a Nobelo.

 

 panic2 panic3 

 

 

 

 

  Concello da Estrada
Praza do Concello s/n
36680 A Estrada - Pontevedra
Telf: 986570165
info@aestrada.gal
- Política de privacidad
- Aviso legal
Conforme con:
HTML5 | CSS 3.0
face1
twitter1
inst1
youtub1