Esgotadas as entradas para o domingo de Carapuchiña Vermella de Educa Teatro

O luns poñeranse á  venda as de Cranio Privilexiado de Mofa e Befa, as do espectáculo do Mago Teto e as do musical de Cenicienta.

 

A programación de Outono no Principal continúa a bo ritmo, e mostra disto é a gran afluencia de xente que está asistindo aos espectáculos, pensados para distintos públicos. O domingo será a quenda de Carapuchiña Vermella de Educa Teatro que a día de hoxe xa esgotou tódalas entradas, 382, tanto as que había a disposición no departamento de Cultura do Concello como na tenda Tiko Doco. Será ás 18.00 horas.

 

O venres ás 21.30 horas actuará Teo Cardalda. Será un concerto en acústico interpretado a piano e dentro do seu repertorio incluirá temas míticos dos grupos Cómplices e Golpes Bajos, dos que formou parte. As entradas poden mercarse no departamento de Cultura, segundo andar da Casa Consistorial, de luns a venres de 09.00 a 14.00 horas e teñen un prezo de cinco euros. 

 

O departamento de Cultura informa de que o luns poñeranse á venda as entradas de tres novos espectáculos: as de Cranio Privilexiado de Mofa e Befa que será o día 3 de novembro ás 21.00 horas e teñen un prezo de cinco euros; as de Novas Tolemaxias do Mago Teto, polo prezo de tres euros, e será o día 4 ás 12.30 horas e as de Cenicienta, o musical de Tempus Producciones que será o día 24 ás 20.30 horas e terá un custe de 10 euros. Tódalas entradas poden adquirirse no departamento de Cultura do Concello e as de Cenicienta, o musical tamén se poden mercar na tenda Tiko Doco, situada no número 8 da rúa San Antón da Estrada.

 

 

 

 

 

  Concello da Estrada
Praza do Concello s/n
36680 A Estrada - Pontevedra
Telf: 986570165
info@aestrada.gal
- Política de privacidad
- Aviso legal
Conforme con:
HTML5 | CSS 3.0
face1
twitter1
inst1
youtub1