Gadis traslada á Estrada a súa exposición sobre consumo e alimentación saudables

O seu tráiler situarase mañá na Praza do Concello.

 

Supermercados Gadis traslada á Estrada a súa campaña de Street marketing tráiler Saludable, que ten como obxectivo, achegarlle aos cidadáns unha serie de consellos para manter uns hábitos saudables e facilitar o consumo responsable. A unidade móbil situarase na Praza do Concello mañá, día 27, en horario de 11.00 a 14.00 horas e de 16.00 a 20.00 horas.

 

É unha campaña totalmente gratuíta para os asistentes e, ao longo dos meses de setembro e novembro, o tráiler percorrerá máis de 30 localidades de Galicia e Castela e León. Gadis, a través desta iniciativa, transmite contidos especializados e baseados no consumo responsable, na alimentación saudable, na vida activa e no desperdicio alimentario, todo isto adaptado ao público obxectivo e coa meta de contribuír á xeración dunha conciencia social e/ou ambiental crítica e informada, que sirva para acadar un impacto positivo no entorno que nos rodea.

 

Esta actividade inclúe unha exposición que conta con monitores especializados que guían aos visitantes apoiándose en contidos multimedia, imaxes e textos didácticos adaptados a todos os públicos. A mostra divídese en tres bloques: dous principais que tratan as dúas grandes áreas que compoñen unha vida saudable e un terceiro bloque que ten como finalidade concienciar sobre a responsabilidade social.

 

A primeira parte fala da Vida Saudable. Aborda polo tanto a saúde persoal centrándose na alimentación saudable e na actividade física. Gadis colabora co programa Aligera tu vida para loitar contra a obesidade. Os paneis informativos aportan datos sobre a pirámide nutricional, sobre as principais enfermidades asociadas á obesidade, así como recomendacións para gozar de menús saudables, sobre a actividade física indicada por grupos de idade e a necesidade de descanso e relax.

 

A segunda parte, baixo o lema de Planeta Saudable, céntrase no desperdicio alimentario e o consumo responsable. Aborda a porcentaxe de alimentos que estragamos, consellos para evitar o seu dispendio, aporta información sobre as froitas e as verduras de tempada, o consumo de produtos locais e ecolóxicos, así como a necesidade de conservar ben os alimentos.

 

E no terceiro bloque, Gadis Responsable, intentan informar sobre a responsabilidade social empresarial, indicando que é un modelo de xestión baseado en criterios responsables a nivel económico, social e ambiental. “ A nosa filosofía é crear unha empresa sostible nun entorno sostible, participando e promovendo iniciativas positivas na sociedade na que operamos, por iso quixemos adicar unha parte da nosa exposición para explicar quen son os nosos grupos de interese e como nos relacionamos con eles”, afirman os responsables de Gadis a través da súa páxina web.

 

 

 

 

 

  Concello da Estrada
Praza do Concello s/n
36680 A Estrada - Pontevedra
Telf: 986570165
info@aestrada.gal
- Política de privacidad
- Aviso legal
Conforme con:
HTML5 | CSS 3.0
face1
twitter1
inst1
youtub1