As charlas incluídas no Panic comezan o martes nos institutos

A organización pon a disposición das persoas disfrazadas cos traxes oficiais de meiga e Santa Compaña un posto de maquillaxe.

 

A vindeira semana arranca o Festival de Cine de Terror e como antesala ao maratón de películas e ao desfile de Samaín Pedro Pérez encargarase de ambientar esta data con charlas polos institutos. Tal e como confirma Pérez estas serán o martes pola mañá no IES Chano Piñeiro de Forcarei, o martes pola tarde no IES Manuel García Barros e o xoves pola mañá no IES Antón Losada Diéguez da Estrada. Baixo o título de Misterios de Galicia e o seu tratamento no cine Pérez abordará o mito dos endemoñados do Corpiño, a lenda da Santa Compaña e a personaxe real de Manuel Blanco Romasanta.

 

Paralelamente, segue a bo ritmo a adquisición de disfraces para o desfile do venres. Ademais como novidade todos aqueles participantes que vaian caracterizados cos traxes oficiais, de Santa Compaña e de Meiga, e que encabecen o desfile poderán maquillarse a partir das 18.00 horas nun set de maquillaxe establecido na Praza da Feira. Estes disfraces oficiais poden mercarse nas tendas locais Nobelo a novelo, Lolita e Carmiña, O Dedil, As túas labores e Arranxos Cristina.

 

A festa de Samaín rematará co espectáculo do Mago Teto e cunha chocolatada de balde na Praza do Concello.

 

 

 

 

  Concello da Estrada
Praza do Concello s/n
36680 A Estrada - Pontevedra
Telf: 986570165
info@aestrada.gal
- Política de privacidad
- Aviso legal
Conforme con:
HTML5 | CSS 3.0
face1
twitter1
inst1
youtub1