Xa están á venda as entradas para o espectáculo ‘Lo mejor de Yllana’

'Lo mejor de Yllana' xa prepara o seu desembarco na Estrada. Será o prato forte da programación cultural de outono,  previsto para o domingo 10 de decembro. Onte comezáronse a despachar as súas entradas. Teñen un prezo de 10,00€ e poden adquirirse, anticipadamente, no Departamento de Cultura do concello, en horario de oficina, de luns a venres de 09.00 a 14.00 horas.

 

Desta volta, Yllana celebra o seu 25 aniversario cunha obra que reúne os 25 mellores sketchs da súa exitosa traxectoria artística. Muuu, Star Trip, Brokers, 666 ou The Gagfather son algunhas das pezas revisitadas por esta compañía nun espectáculo desbordante de creatividade, imaxinación e talento. Un prodixio de expresión xestual que desata o delirio no patio de butacas desde o primeiro momento.

 

Dirixida por David Ottone, a peza está interpretada por cinco emblemáticos actores da compañía: Jony Elías, Juanfran Dorado, Fidel Fernández, Juan Ramos e Luís Cao.

 

Lo mejor de Yllana é, en opinión do público e da crítica especializada, un dos mellores espectáculos do ano nos circuítos nacionais e internacionais; unha oportunidade única para todos os estradenses de gozar en primeira persoa de unha das mellores compañías cómicas españolas.

 

 

 

 

  Concello da Estrada
Praza do Concello s/n
36680 A Estrada - Pontevedra
Telf: 986570165
info@aestrada.gal
- Política de privacidad
- Aviso legal
Conforme con:
HTML5 | CSS 3.0
face1
twitter1
inst1
youtub1