O Servizo de Comunicación da Axenda de Ocio por whatsapp do Concello acada os 2.000 usuarios en pouco máis dun ano

O de Telegram chega a 200 persoas en cinco meses.

 

O Servizo de Comunicación da Axenda de Ocio a través de whatsapp do Concello da Estrada acaba de alcanzar os 2.000 usuarios desde que se puxo en marcha en outubro de 2016. O obxectivo desta vía de comunicación é difundir coa maior brevidade posible todas as actividades de ocio e tempo de lecer que se levan a cabo no municipio. Desta maneira, os cidadáns poden ter información inmediata sobre novidades, ademais de material útil sobre diversos ámbitos; así como toda a información dos distintos eventos.

 

Os interesados en gozar deste servizo só teñen que inscribirse.

 

A maneira de facelo é moi sinxela:

  1. O interesado deberá engadir un contacto novo na súa axenda do móbil co número de teléfono: 630 262 386
  2. A continuación, deberá enviarlle a ese número un whatsapp poñendo a palabra ALTA.
  3. Ao cabo duns días recibirá unha mensaxe de confirmación e comezará a recibir todas as novas da axenda cultural e de tempo de lecer no seu móbil.

 

Desta forma, o usuario ao enviarlle a primeira mensaxe ao novo contacto agregado, pasará a formar parte dunha lista de difusión á que se lle enviarán as noticias periodicamente.

 

Porén, non se usará este mecanismo como medio de conversación ou de resolución de dúbidas (para iso existen outras vías de comunicación), de modo que así se asegure a efectividade do servizo.

 

Ademais, se chegado un momento o cidadán así o desexa, pode deixar de recibir as novas comunicándoo a través do mesmo medio cunha mensaxe que poña BAIXA.

 

IMPORTANTE: Mediante este servizo envíanse mensaxes a través dunha lista de difusión, pero nunca se engadirá o usuario a un grupo, polo que ningún usuario subscrito a este mesmo mecanismo terá acceso aos datos ou aos números dos demais.  

 

Debido ao grande éxito deste servizo, desde o Concello decidiuse ampliar, desde o pasado mes de xuño, a transmisión de novas a través dunha nova vía, desta volta, a través de Telegram. Isto permite chegar a un meirande número de cidadáns e darlles así, a posibilidade de informarse, a unha maior cantidade deles, porque non todos usan actualmente whatsapp. A día de hoxe o número de persoas que usan este servizo está preto das 200.

 

Neste caso, os usuarios que queiran dispoñer deste servizo teñen que engadirse á seguinte canle da aplicación: https://t.me/AxendaAEstrada    @AxendaAEstrada

 

Telegram, a través das súas ‘canles’, permite enviar mensaxes de maneira masiva a través do móbil, ofrecendo aos usuarios a posibilidade de subscribirse de maneira aberta e ilimitada. Desta maneira, calquera pode subscribirse sen intermediarios.

                                

Cando se entra en Telegram, aparece unha lupa na parte superior dereita onde se debe introducir o nome da canle que queremos buscar, neste caso @AxendaAEstrada. Unha vez atopada, entramos no enlace e, na parte inferior, hai un botón que pon ‘Unirse’ (porque neste caso trátase dunha canle pública). E nas canles poden chegar mensaxes de distintas persoas porque pode ter varios administradores.

 

 

 

 

 

  Concello da Estrada
Praza do Concello s/n
36680 A Estrada - Pontevedra
Telf: 986570165
info@aestrada.gal
- Política de privacidad
- Aviso legal
Conforme con:
HTML5 | CSS 3.0
face1
twitter1
inst1
youtub1