11 coros actuarán o 17 de decembro nun concerto na igrexa parroquial de San Paio

Representantes dos distintos coros parroquiais da Estrada e responsables do Departamento de Cultura do Concello da Estrada reuníronse para ultimar o que será o concerto de Nadal, que está previsto para o día 17 de decembro ás 17.30 horas na Igrexa Parroquial de San Paio. 

 

Este evento xa é toda unha tradición no municipio e nesta nova edición contará coa actuación de 11 agrupacións. Entre elas figuran os coros de Paradela, Arca, San Miguel de Castro, Moreira, Aguións, Santa Cristina de Vea, Santo André de Vea, Curantes, Tabeirós, San Pedro de Ancorados e Arnois.

 

Cada grupo interpretará dous temas e o punto final estará marcado polo ritmo dunha peza cantada de maneira conxunta por todas as agrupacións. O repertorio conformarano panxoliñas así como temas do seleccionadas do cancioneiro litúrxico. O acto é aberto ao público.

 

 

 

 

  Concello da Estrada
Praza do Concello s/n
36680 A Estrada - Pontevedra
Telf: 986570165
info@aestrada.gal
- Política de privacidad
- Aviso legal
Conforme con:
HTML5 | CSS 3.0
face1
twitter1
inst1
youtub1