Modificación da ordenanza fiscal reguladora do imposto sobre bens inmobles

Vista a proposta da Alcaldía-Presidencia de data 09/10/2017.

 

Visto o artigo 62.3 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo,  polo que se aproba o Texto Refundido da Lei Reguladora de Facendas Locais, que dispón:

“As ordenanzas fiscais poderán regular unha exención a favor dos bens de que sexan titulares os centros sanitarios de titularidade pública, sempre que estean directamente afectados ao cumprimento dos fins específicos dos referidos centros. A regulación dos restantes aspectos substantivos e formais desta exención establecerase na ordenanza fiscal.”

Visto o interese da Alcaldía-Presidencia deste Concello de favorecer as inversións das Administracións competentes en materia sanitaria neste Concello, co fin de mellorar as instalacións existentes na actualidade no termo municipal.

Visto que o artigo 4 (Exencións) da vixente Ordenanza Fiscal Reguladora do Imposto sobre Bens Inmobles non recolle unha exención polo motivo indicado no artigo 62.3 do TRLHL.

Visto o informe emitido pola Secretaría municipal con data 10/10/2017.

Visto o informe da Intervención municipal de data 18/10/2017.

Visto o Ditame acadado pola Comisión Informativa de Facenda e Especial de Contas en sesión celebrada o 26/10/2017.

 

ACORDAMOS:

Primeiro. Engadir o apartado e), dentro do artigo 4.2 da Ordenanza Fiscal Reguladora do Imposto sobre Bens Inmobles coa seguinte redacción:

Establécese unha exención a favor dos bens que sexan titulares dos Centros sanitarios de titularidade pública, sempre que os mesmos estean directamente afectados ao cumprimento dos fins específicos de ditos Centros. Para a concesión da exención requirirase a previa solicitude do interesado na que se relacionen, con indicación da súa referencia catastral, os bens para os que se solicita a exención e se xustifique a titularidade do mesmo polo Centro sanitario, e a súa afección directa aos fins sanitarios de ditos Centros.

Segundo. Publicar o anuncio deste Acordo no Taboleiro de Anuncios da Sede Electrónica e páxina web municipal, así como no Boletín Oficia da Provincia de Pontevedra, aos efecto de que os interesados poidan presentar as reclamacións e suxestións que estimen oportunas no prazo de 30 días, a contar a partires do seguinte á publicación do anuncio no BOP.

Terceiro. Tralo preceptivo trámite de información pública e, de non presentarse reclamacións ou suxestións dentro de prazo, o Acordo, ata entón provisional, entenderase definitivamente adoptado, procedéndose a publicar no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra o texto íntegro da nova Ordenanza.

Cuarto. Facultar ao Sr. Alcalde para subscribir e asinar toda clase de documentos relacionados con este asunto.

 

 

 

 

 

  Concello da Estrada
Praza do Concello s/n
36680 A Estrada - Pontevedra
Telf: 986570165
info@aestrada.gal
- Política de privacidad
- Aviso legal
Conforme con:
HTML5 | CSS 3.0
face1
twitter1
inst1
youtub1