A Orquestra de Cámara Galega actúa o sábado no Teatro Principal cun repertorio moi variado

O Teatro Principal será este sábado o escenario no que ofrecerá un concerto a Orquestra de Cámara Galega. A cita será finalmente ás 20.00 horas, adiantándose media hora do que estaba previsto. A entrada é de balde, con previa retirada de invitación no Departamento de Cultura do Concello, de luns a venres de 09.00 a 14.00 horas, ou na billeteira.

 

Esta será a terceira actuación da orquestra dentro das promovidss desde a Deputación de Pontevedra e  enmarcadas no Ano do Patrimonio.

 

A Orquestra de Cámara Galega (OCG) foi fundada en 1995 por iniciativa de Rogelio Groba Otero e está integrada por músicos formados en diferentes conservatorios europeos. Nesta ocasión a agrupación fará un percorrido no tempo e no espazo, interpretando pezas de compositores como os alemáns Haendel, no século XVIII e Baermann, do século XIX; o británico Holst, a cabalo entre os séculos XIX e XX; o arxentino Piazzola do século XX; Aguiar desde Brasil e non faltará unha peza de Rogelio Groba, compositor con máis de 720 obras catalogadas.

 

A Orquestra de Cámara Galega realizou concertos nos principais espazos escénicos españois como o Auditorio Reina Sofía, en Madrid; no Palau de la Música, en Barcelona; na Real Maestranza, de Sevilla; na Sala Mozart, de Zaragoza, entre outros lugares. No ámbito internacional foi a primeira orquestra profesional galega en actuar en Nova York na famosa sala Merkin Hall da Fundación Kaufman, fixo unha xira por Holanda e Arxentina, e actuou tamén no Spanien Modern Musikfestival na cidade de Viena. A súa última xira internacional realizouse no Palaccio Ducale de Génova.

 

Así mesmo, a OCG ten unha especial facilidade de adaptación a espazos non escénicos. A súa proximidade ao público, ademais da exclusividade no seu repertorio, fan que a música clásica estea ao alcance de todo aquel que queira achegarse.

 

 

 

 

 

  Concello da Estrada
Praza do Concello s/n
36680 A Estrada - Pontevedra
Telf: 986570165
info@aestrada.gal
- Política de privacidad
- Aviso legal
Conforme con:
HTML5 | CSS 3.0
face1
twitter1
inst1
youtub1