O día 21 ábrese o período para solicitar praza no Campamento Urbano de Nadal

O Departamento de Servizos Sociais, dirixido por Amalia Goldar,  ten previsto poñer en marcha ao longo das vacacións de Nadal o Campamento Urbano de Nadal. Esta iniciativa levarase a cabo desde o 22 de decembro ata o 5 de xaneiro de 2018 e está dirixida aos rapaces de idades comprendidas entre os 3 e os 13 anos.

 

O prazo de inscrición abrirase a vindeira semana, o martes día 21, e pecharase o 5 de decembro. As solicitudes deberán presentarse en prazo no rexistro de entrada do Concello ou no Departamento de Servizos Sociais, situado na planta baixa do Consistorio.

 

As taxas que se deberán abonar son:

 

  • 23,10 euros para os cativos empadroados no municipio estradense.
  • 38,50 euros para os dos outros concellos.

 

 

 

 

 

 

  Concello da Estrada
Praza do Concello s/n
36680 A Estrada - Pontevedra
Telf: 986570165
info@aestrada.gal
- Política de privacidad
- Aviso legal
Conforme con:
HTML5 | CSS 3.0
face1
twitter1
inst1
youtub1