Alumnos dos sete centros educativos asistiron hoxe ao Teatro Principal para conmemorar o Día do Neno

O Día Internacional do Neno conmemorouse onte, como cada 20 de novembro, co obxectivo de reivindicar os dereitos dos menores.

 

Dia Internacional do Neno2A Estrada sumouse esta mañá aos actos de celebración a través da representación da  obra Manawee de Matrioshka Teatro. Ata o Teatro Principal acercáronse alumnos dos sete colexios estradenses: CEIP Cabada Vázquez, CEIP de Figueiroa, CEIP de Oca, CEIP do Foxo, CEIP Manuel Villar Paramá, CEIP Pérez Viondi e CPR Plurilingüe Nosa Señora de Lourdes.

Dia Internacional do Neno1

 

Nesta función intervén a actriz estradense Chelo do Rejo, ademais de Anabell Gago e Lorena Conde. O espectáculo versa sobre as emocións e vai dirixida ao público familiar e xuvenil. A obra amosa eses momentos da infancia no que as cousas están a piques de cambiar para sempre. Eses estados de desconcerto, de temor e de excitación que se dan por primeira vez na vida de todas as persoas de idades comprendidas entre os 8 e os 13 anos. É un espectáculo que pretende ser unha guía para traballar a intelixencia emocional na infancia e que tamén vai dirixida aos adultos acompañantes, de xeito que a obra poida ser unha ferramenta útil para establecer esta comunicación cos cativos que inician o seu cambio cara a adultez.

 

 

 

 

 

 

  Concello da Estrada
Praza do Concello s/n
36680 A Estrada - Pontevedra
Telf: 986570165
info@aestrada.gal
- Política de privacidad
- Aviso legal
Conforme con:
HTML5 | CSS 3.0
face1
twitter1
inst1
youtub1