A Banda Municipal da Estrada estreará catro obras o sábado durante o Concerto de Santa Cecilia

A Banda Municipal da Estrada fundada no ano 1869, volve a afrontar un ano máis o tradicional concerto de Santa Cecilia, patroa dos músicos. Nesta ocasión presenta un repertorio de seis obras: dous pasodobres de concerto, unha obertura, variacións, unha suite e un poema sinfónico. Como é costume nesta actuación sempre se fan estreas de obras e nesta edición darán a luz: L'Amistat, pasodoble;  Festive Overture, Praise Jerusalem e Breogán de Brigantia, unha obra con carácter galego do propio director Javier Comesaña. O concerto será este sábado, día 25, ás 20.30 horas no Teatro Principal. A entrada será de balde.

 

O concerto seguirá a seguinte programación:

 

LA PRIMITIVA                                P.D. de Concerto                                           Jef Penders

Este Pasodoble está composto no ano 1987  polo  clarinetista e compositor Holandés Jef Penders. Está dedicado á Banda de Música Valenciana chamada "La Primitiva". Foi un compositor moi prolífico, tendo no seu haber más dun centenar de obras. Escribiu para orquestras sinfónicas, para  voces e sobre todo para banda de música dende o ano 1954. Viviu unha larga tempada en Valencia, de aí a súa composición La Primitiva.

 

 

FESTIVE OVERTURE Op. 96        Obertura                                          Dmitri Shostakovtch

                                                                                              Transcripción: Tohru Takahashi

Esta obertura foi estreada no ano 1954 no Teatro Bolshoi de Moscú. Foi unha obra escrita a gran velocidade e completouna o compositor en tres días.

A obertura comenza cunha fanfarria de metal seguida dunha rápida melodía nos instrumentos de vento madeira, alcanzando o seu clímax cun motivo de catro notas, pasando a unha melodía máis lírica interpretado polas trompas e saxofóns, sempre co mesmo tempo de Presto. Shostakovitch desenvolve o material melódico no seu típico estilo, usando ambos temas de forma contrapuntística, antes de que a fanfarria regrese e nos conduza a unha coda inquietante.

A Banda Municipal fará estrea de esta nova transcrición do Maestro Tohru Takahashi.

 

 

PRAISE JERUSALEM      Variacións sobre un himno Armenio de Pascua           Alfred Reed

Alfred Reed foi un dos compositores estadounidenses con maior repertorio escrito, xa que conta con máis de duascentas obras publicadas para orquestra, banda de música, coros e orquestra de cámara ao seu nome.

Ao longo da súa vida profesional, Alfred Reed pasou por diversos postos musicais, así como  compositor, arreglista e asistente de dirección para o taller da Radio en Nova York, director asociado da 529ª Banda da Forza Aérea de EE.UU, director da Orquestra Sinfónica da Universidade de Baylor, etc.

Praise Jerusalem está estructurada en:  Maestoso con carácter litúrxico, Tema, Variación I, Variación II, Variación III, Variación IV con cadenza para clarinete e frauta, Variación V e coda final en sostenuto.

Esta obra será estrea pola Banda Municipal para este concerto.

 

 

FIRST SUITE IN Eb                             Suite                                             Gustav Holst

                        I CHACONNE

                        II. INTERMEZZO

                        III. MARCHA

Gustav Holst compuxo dúas suites para banda de música militar. Esta primeira está escrita no ano 1909 con tres movementos.

Na Chacona, o compositor inglés sigue a tradición da música instrumental da época barroca construíndo todo o movemento cun so tema.

O segundo movemento, Intermezzo ten unha estrutura ternaria tipo ABA, que sigue as características do minuetto clásico, cunha menor densidade sonora e unha linguaxe completamente diatónico.

O terceiro e último movemento, Marcha, comenza cunha introdución da sección de metais e percusión, dando paso a unha gran melodía  popular  e finalmente a reexposición do tema do inicio.

 

 

BREAOGÁN DE BRIGANTIA                                                                        X. Comesanha

Seguindo a tradición Celta, Brigantia é unha cidade construída polo Rey Breogán, cunha alta torre desde a cal se podía divisar as costas de Irlanda. Co transcurrir do tempo crese que a cidade mítica de Brigantia pódese asociar coa cidade romana Brigantium, que estaría na actual cidade da Coruña e a mítica Torre de Breogán sería a actual Torre de Hércules. A presente Torre de Hércules, ata fai relativamente pouco, levaba o nome de Torre de Brigantium, que nas súas orixes signifca "Lugar alto"

Por este contexto mitolóxico, a obra está baseada no estudo de danzas tradicionais procedentes de fontes musicais de Irlanda e de Galicia contextualizadas no ambiente de pura conquista da época.

A finalidade de Breogán de Brigantia, no é outra que mostrar unha pequena homenaxe tanto á cidade da Coruña como á sua Torre co seu faro, que é o único faro romano e o máis antigo en funcionamento, destacando que foi declarado Patrimonio da Humanidade pola UNESCO o 27 de xuó de 2009.

Breogán de Brigantia foi estreada pola Banda do Conservatorio Superior de Música de Vigo e nesta ocasión a Banda Municipal fará a estrea para este concerto.

 

 

L'AMISTAT                                       P.D.                                                             Ferrer Ferrán

Este pasodobre de concerto ten un carácter valenciano e español. O seu compositor Ferrer Ferrán é ademais pianista e director de orquestra, que conta con máis dun centenar de obras escritas para orquestra e banda de música como por ex. Tormenta del desierto, Consuelo Ciscar, Música i poble, etc

 

 

 

 

 

  Concello da Estrada
Praza do Concello s/n
36680 A Estrada - Pontevedra
Telf: 986570165
info@aestrada.gal
- Política de privacidad
- Aviso legal
Conforme con:
HTML5 | CSS 3.0
face1
twitter1
inst1
youtub1