Os Minicines Central acollerán o venres o estreo de tres curtas realizadas por estradenses con motivo do Panic 2017

Os Minicines Central da Estrada acollerán este venres, día 24, a partir das 00.00 horas, a proxección de tres curtas realizadas e dirixidas por mozos estradenses con motivo da celebración do Panic. “Sorprendéronme todas pola súa gran calidade e orixinalidade”, apunta Pedro Pérez, de Producciones Trípode. Algunha delas está interpretada por coñecidos actores do panorama galego. As curtas que se estrearán son: Bajo llave, Chno e Alicia.

 

cartel BAJO LLAVE

 

A curta Bajo llave é un teaser ficticio que versa sobre unha moza con problemas psicolóxicos cuxa historia desencadeará nun tráxico desenlace. Está protagonizada por Miriam Núñez, Andrea González e Natalia Pereira.  Contou coa dirección de Jacqueline Reimúndez e Marcos Puente.

O guión que serviu de base para esta historia foi realizado por Uxía Silva e contou coa colaboración de  Javier Parafita, Alba Bugallo e David Otero.

Bajo llave é un novo proxecto da asociación xuvenil “Kukuru”.

 

 

cartel CHNO

A curta Chno está dirixida por Álex Mosteiro e Jorge Castro. O son directo e o deseño foi tarefa de Iván Graña e está protagonizado por Xosé Rodríguez.

Trata sobre un suxeito que, desorientado e aparentemente baixo os efectos das drogas, atópase perdido na escuridade. A dúbida de se alguén está ameazando a súa vida levarao a esconderse e a buscar axuda. A liña entre a realidade e a paranoia parece desvanecerse co paso dos acontecementos.

 

cartel ALICIA

 

Por último, Alicia está dirixida por Lucas Terceiro. Versa sobre un pai que cada noite viaxa ao país das Maravillas coa súa filla Alicia, aínda que non sempre atopa a saída ao tobo do coello.

Está protagonizada por Fernando Tato, Susana Sampedro e a nena Paula Terceiro e conta coa colaboración de Lía Chacón e Adrián Castiñeiras.

 

Tras a proxección destas curtametraxes, os asistentes poderán ver a película Feliz día de tu muerte, tamén con entrada de balde, que poñerá fin ao ciclo de películas de terror proxectadas durante todos os venres de novembro.  

 

 

 

 

 

Charla Pedro Pérez

Lembrar que tamén como parte dos actos do Festival de Terror PANIC, A Casa das Letras acollerá mañá xoves, día 23, ás 20.00 horas unha charla sobre os misterios de Galicia e o tratamento que se dan sobre os mesmos no cine. Estará impartida por Pedro Pérez, de producciones Trípode.

 

Pérez abordará tres temas:

  1. O dos endemoñados do Corpiño no que proxectará algún fragmento da entrevista que o propio Pérez lle realizou a José Criado, reitor do Santuario do Corpiño (Lalín) e experto en exorcismos.
  2. A Santa Compaña, que, unhas das súas mostras máis presentes no cine, é a través dos zombis. Pérez dará conta dunha testemuña dunha persoa da Estrada que afirma que viu nunha ocasión á Santa Compaña.
  3. E abordará a figura de Manuel Blanco Romasanta, coñecido como o Lobishome de Allariz.

 

Toda a conferencia estará apoiada por imaxes de películas que tratan estas temáticas.

 

 

 

 

 

  Concello da Estrada
Praza do Concello s/n
36680 A Estrada - Pontevedra
Telf: 986570165
info@aestrada.gal
- Política de privacidad
- Aviso legal
Conforme con:
HTML5 | CSS 3.0
face1
twitter1
inst1
youtub1