Os centros educativos e diversos colectivos recitarán mañá os seus poemas na Festa da Poesía

Os poemas tomarán mañá o Teatro Principal da Estrada, xa que se celebrará unha nova edición da Festa da Poesía que arrancará as 20.00 horas. Diversos colectivos participarán neste acto en homenaxe a Avelina Valladares, a poetisa de Vilancosta (A Estrada). Durante o evento tamén se fará entrega do galardón dos premios que levan o nome desta estradense de renome.

 

Así a celebración comenzará coa entrega do galardón á gañadora do XXI Premio de Poesía Avelina Valladares, que este ano recaeu en María del Carmen Caramés Gorgal polo seu poemario As idades perdidas. Ao certame presentáronse un total de 27 traballos. A premiada recibirá 2.000 euros e tamén xa se lle publicou o seu traballo, tal e como se recollía na convocatoria do concurso. De feito, despois da lectura dos poemarios obsequiaráselles aos participantes con este libro asinado por Caramés.

 

Diversos colectivos participarán no acto poético coa lectura de variados versos. Os centros educativos seguen moi presentes nesta cita, na que parte do alumnado recitará entre un e dous poemas. Estarán  os colexios de Figueiroa, o Cabada Vázquez, o Manuel Villar Paramá, o Pérez Viondi, o Plurilingüe Nosa Señora de Lourdes e o do Foxo. A estes únense os institutos Manuel García Barros, o Antón Losada Diéguez e o Nº1.

 

Os rapaces non serán os únicos que se sumarán a esta iniciativa, senón que tamén os maiores o farán a través de diversos colectivos: Vagalumes, Fervenza, Cáritas, Radio Estrada, Residencia de Maiores, Fundación de Exposicións e Congresos da Estrada, Faro de Vigo, A Estrada das Letras, Escola Municipal de Artes Escénicas, a Fundación Cultural, Asociación de Comerciantes da Estrada (ACOE), Lume na Lareira, Coral Polifónica Estradense, Atletismo A Estrada, así como os persoeiros da Cultura Ramiro Cimadevila e Mª Carmen López.

 

 

 

 

 

  Concello da Estrada
Praza do Concello s/n
36680 A Estrada - Pontevedra
Telf: 986570165
info@aestrada.gal
- Política de privacidad
- Aviso legal
Conforme con:
HTML5 | CSS 3.0
face1
twitter1
inst1
youtub1