Haberá servizo de autobús o sábado para regresar á Estrada despois da andaina ata Barbude

Esta actividade, que se completa cun taller de cerámica, ten como antesala mañá, unha charla sobre arqueoloxía e etnografía no MOME.

 

A cultura castrexa estará moi presente estes días na Estrada. Mañá, venres, día 15, o Museo do Moble e da Madeira da Estrada (MOME) acollerá a conferencia Arqueología experimental y etnografía. La alfarería tradicional, que estará impartida pola profesora da Facultade de Historia da Universidade de Santiago de Compostela (USC) Pepa Rey. O sábado a actividade completarase cunha andaina ata o Castro de Barbude e cun taller de cerámica castrexa.

 

A charla terá lugar ás 19.30 horas. A camiñada a Barbude estará seguida dun obradoiro de cerámica, impartido polo artesán Tomás López, da olería Figulus, que fará unha recreación de pezas de cerámica castrexas. Así a ruta ata o Castro de Barbude está prevista para as 09.00 horas desde a Praza da Constitución (Praza do Concello) e tras chegar a Barbude, aproximadamente despois de dúas horas, ao redor das 11.30 horas arrancará o taller no local social. Haberá servizo de autobús para regresar á Estrada desde Barbude, unha vez que finalicen as actividades.

 

As mesmas están enmarcadas na iniciativa que ten como finalidade a difusión da cultura castrexa estradense promovidas pola USC e coas que colabora a Concellería de Sanidade e Turismo. Os interesados en participar nestas propostas deberán inscribirse previamente e de maneira gratuíta a través do correo electrónico Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. ou no teléfono 986 677 702.

 

CARTEL ARQUEOLOXIApeq

* Prema sobre a imaxe para ampliala.

 

 

 

  Concello da Estrada
Praza do Concello s/n
36680 A Estrada - Pontevedra
Telf: 986570165
info@aestrada.gal
- Política de privacidad
- Aviso legal
Conforme con:
HTML5 | CSS 3.0
face1
twitter1
inst1
youtub1