A Selección da Estrada e o C.D. Estradense disputan o 27 un partido a favor de Apacraf

O deporte e a solidariedade irán da man o vindeiro día 27 de decembro xa que o Estadio Municipal da Estrada acollerá, a partir das 20.30 horas, un partido benéfico entre a Selección da Estrada e o Club Deportivo Estradense.

 

apacraf1

Este encontro está organizado polo Club Deportivo Berres en favor da Asociación de Pais de Persoas con Trastorno do Espectro Autista de Centros de Apoio Familiar (Apacaf), que ten o seu centro en A Braña, en Berres. O obxectivo é recadar fondos para contribuír co traballo que realizan día a día esta entidade. O ano pasado recadaron con esta mesma iniciativa 1.800 euros. Esta mañá o evento foi presentado polo alcalde da Estrada,José López, por Eduardo Múñiz “Tinto” seleccionador da Estrada, por Juan Rivadulla, presidente do Club Deportivo de Berres e presidente do comité organizativo deste evento, por Toño Camba, presidente do Club Estradense, por Candela Rey, usuaria do centro da Braña, por María García representante deste mesmo centro e Alba Aller, vogal da Asociación de Comerciantes da Estrada (ACOE).

 

 

apacraf3

 

 

Os interesados en asistir e contribuír con esta causa deberán mercar as entradas polo prezo de  5 euros que se poñerán a venda en diversos comercios ou venderanas directamente os organizadores. O acceso será gratuíto para as categorías inferiores.  “Para nós isto parécenos unha iniciativa fantástica e que o pasado ano foi un éxito. O gran traballo que fai Apacaf merece toda a axuda que poidamos aportar desde as institucións e tamén con este tipo de iniciativas, que sempre son benvidas”, indica José López.

 

Este ano houbo que cambiar a data por coincidir co partido do Club Deportivo Estradense, debido á xornada de Liga, que se tivo que se pospoñer pola cicloxénese Ana.

 

Nos descanso sorteáranse entre os asistentes ao partido dous vales de compra de 50 euros doados por ACOE. O ano pasado recadáronse 1.800 euros que foron destinados, tal e como comentou María García do centro da Braña, para unha aula multiusos que aínda non acabaron e que pretenden seguir acondicionando co diñeiro alcanzado neste novo partido, no que participarán xogadores dos distintos clubs estradenses e dos concellos limítrofes.

 

Apacaf atende na actualidade a 34 usuarios e oito deles residen no centro.

 

 

 

 

 

 

 

  Concello da Estrada
Praza do Concello s/n
36680 A Estrada - Pontevedra
Telf: 986570165
info@aestrada.gal
- Política de privacidad
- Aviso legal
Conforme con:
HTML5 | CSS 3.0
face1
twitter1
inst1
youtub1