As inclemencias meteorolóxicas modifican a organización da cabalgata

 

O Concello da Estrada informa que debido á inestabilidade meteorolóxica de alerta amarela prevista para mañá na provincia de Pontevedra, no caso de poder saír as carrozas reais, estas non contarán coa presenza dos cativos para evitar poñer en risco a súa seguridade. O Concello tomou a decisión esta mañá despois de consultar directamente con responsables de Meteogalicia que confirmaron esa previsión de mal tempo, que en principio, se prolongará ao longo do día orixinando unha xornada caracterizada pola inestabilidade atmosférica.

Desta maneira, e no caso de que o tempo o  permita, a cabalgata sairá ás 18.30 horas, pero sufrindo  algunha modificación no seu percorrido. Así, pasará polas rúa Varela Buxán, pola Avenida Fernando Conde, A Porta do Sol, polas rúas Ulla e Calvo Sotelo, pola Praza de Galicia chegando á rúa Pérez Viondi ata a Avenida de Benito Vigo.

Á marxe do que suceda coa cabalgata, a recepción real terá lugar no Teatro Principal ó redor das 19.00 horas onde os cativos poderán facer as súas peticións ás súas Maxestades.

 

 

 

  Concello da Estrada
Praza do Concello s/n
36680 A Estrada - Pontevedra
Telf: 986570165
info@aestrada.gal
- Política de privacidad
- Aviso legal
Conforme con:
HTML5 | CSS 3.0
face1
twitter1
inst1
youtub1