O sábado 15 de decembro ás 20.30 horas o Festival de Nadal de Corais na Igrexa de Berres e ás 21.00 horas "Encerrona" humor xestual de PEPE VIYUELA no Teatro Principal.
FESTIVAL DE NADAL DE CORAIS
DÍA: Sábado 15
HORA: 20.30 h
LUGAR: Igrexa parroquial de Berres
XÉNERO: Música coral
CATALOGACIÓN: Todos os públicos
DURACIÓN: 60 min
LINGUA: Galego
ENTRADA: De balde
SINOPSE: Achégase o nadal, e con el, a homenaxe que todos os anos a Coral Polifónica de Berres lle rende en forma de panxoliñas e diversos cantos de motivo navideño.
Nesta ocasión, o concerto contará, ademais da agrupación organizadora, coa participación da Coral O Peirao do Freixo (Outes) e a Coral San Simón de Cacheiras.
PEPE VIYUELA
La encerrona
DÍA: Sábado 15
HORA: 21.00 h
LUGAR: Teatro Principal
XÉNERO: Comedia xestual (Clown)
DURACIÓN: 90 min
CATALOGACIÓN: Todos os públicos
ENTRADA: 10.00 € (entrada anticipada en Cultura) ou www.ticketea.com
SINOPSE: Hai un reducido número de espectáculos, que por dereito propio, xa forman parte da nosa historia teatral. Como sinala a crítica especializada, La encerrona é o mellor espectáculo de Pepe Viyuela, un espectáculo de culto, con guitarra e cadeira plegable que o situou no Olimpo dos cómicos españois e que todos deberiamos ver polo menos unha vez na vida.
Non te perdas a oportunidade de gozar de un dos grandes referentes da comedia contemporánea. Hora e media de continuas gargalladas chea de talento, tenrura e sensibilidade. Un espectáculo cinco estrelas!