O mércores 26 de decembro ás 12.30 horas "Retrete Cabarete", O Cabaret de Dorian Gray, o xoves 27 ás 12.30 horas "Baleadas" de Cía tresPediante e ás 21.00 horas a gala de Nadal do TELECLUB DA COMEDIA, o venres 28 ás 12.30 horas "Piedra a piedra" de El Teatre de l´Home Dibuxait e o sábado 29 ás 12.30 horas "Screen Man" de El Teatre de l´Home Dibuxait.
RETRETE CABARETE
O Cabaret de Dorian Gray
DÍA: mércores 26
HORA: 12.00 h
LUGAR: Teatro Principal
XÉNERO: Monicreques / Teatro con globos
DURACIÓN: 50 min
CATALOGACIÓN: 0-4
LINGUA: Non verbal
ENTRADA: 3,00€
SINOPSE: O Retrete de Dorian Gray mestura neste espectáculo varios dos números máis exitosos dos seus 10 anos de vida. Escenas das que os personaxes xorden da manipulación de globos diante do abraio dos cativos.
Música, globos e o virtuosismo interpretativo. Velaí os tres ingredientes que levaron á compañía a percorrer o mundo coa súa proposta escénica.
BALEADAS
Cía Traspediante danza
DÍA: Xoves 27
HORA: 12.00 h
XÉNERO: Teatro danza
DURACIÓN: 50 min
CATALOGACIÓN: + 3 anos
LINGUA: Galego
ENTRADA: 3,00€
SINOPSE: Marta Alonso, Paula Alonso e Begoña Cuquejo presentan unha das súas propostas máis suxerentes. Un xogo coas baleas, coas cores, e tamén co públido de todas as idades onde danza, plástica, música, palabras e animación bailan e interactúan refacéndose no mesmo espectáculo.
A compañía TrasPediante experimenta coa tecnoloxía creando sorpresas, risa e baleas en anaglifo, inspirándose no poemario Balea2 do poeta Estevo Creus.
GALA TELECLUB DA COMEDIA NADAL
DÍA: xoves 27
HORA: 21.00 h
LUGAR: Teatro Principal
XÉNERO: Monólogo cómico
DURACIÓN: 75 min
CATALOGACIÓN: +10
LINGUA: Galego
ENTRADA: 5,00€
SINOPSE: Despois do éxito da primeira edición, Chelo do Rejo, Fran Campos, O Padre Xiao, Pablo Chichas, As Lerchas, Manolo do Atlético e o Mago Toño, acompañados pola batuta do mestre Carlos Barruso, volverán encher de gargalladas o nadal cos seus monólogos cómicos.
A Stand up comedy en formato estradense!
PIEDRA A PIEDRA
El Teatre de L´home au Dibuxait (Castellón)
DÍA: venres 28
HORA: 12.30 h
XÉNERO: Teatro de obxectos
DURACIÓN: 30 min
CATALOGACIÓN: 2-4 anos
LINGUA: Castelán
ENTRADA: 3,00€
SINOPSE: Tras máis de 1.600 representacións por 38 países e 4 continentes. Despois de recibir 16 premios nacionais e internacionais, ademais dunha nominación aos prestixiosos Premios Max, chega á Estrada unha das mellores montaxes dos últimos anos en España.
Piedra a piedra é unha marabillosa proposta que consegue espertar a imaxinación dos máis cativos a partir da manipulación de pedras e restos mariños.
Un espectáculo de visita obrigada!
SCREEN MAN
El Teatre de L´home au Dibuxait (Castellón)
DÍA: Sábado 29
HORA: 12.00 h
XÉNERO: Espectáculo teatral de video mapping
DURACIÓN: 35 min
CATALOGACIÓN: +2 anos
LINGUA: Castelán
ENTRADA: 3,00€
Screen man, ou o "home pantalla", é aquel ser máxico que nos axuda a facer realidade os nosos soños. Para demostrarnos que todo é posible fai xurdir das pantallas xogos máxicos, nubes que se moven aos seus soplidos, letras que caen da súa gorra, realidades que se van formando tralo movemento das súas mans...
Un espectáculo que te deixará coa boca aberta!