O Concello da Estrada contratará a 28 persoas desempregadas mediante o Plan Concellos 2019 da Deputación de Pontevedra, correspondente á liña 3 do mesmo, encargada de impulsar o emprego para a conservación e funcionamento de bens e servizos municipais.
A subvención concedida pola Deputación a estes efectos ascende a 362.861,10 euros que permitirán ao Concello contratar 3 conserxes, 6 varredores, 3 limpadores, 4 peóns forestais, 4 peóns de obras públicas, 4 axudantes de albanelería, 2 axudantes de pintura e 2 axudantes de electricista.
Para optar aos postos de traballo as persoas desempregadas interesadas deberán estar inscritas no Servizo Público de Emprego de Galicia como demandantes de emprego non ocupadas nalgunha das categorías citadas.