A Banda da Loba mestura temas da súa autoría con musicalizacións de poetas clásicos e contemporáneos. Todo isto, baixo un estilo ecléctico e heteroxéneo que bebe do rock, do pop, do folk… e fai do seu repertorio un espectáculo cheo de frescura e modernidade.
A BANDA DA LOBA
DÍA: 23
HORA: 22.00 h
LUGAR: Teatro Principal da Estrada
XÉNERO: Pop galego
DURACIÓN: 75 min
CATALOGACIÓN: Todos os públicos
ENTRADA: 5.00 € (entrada anticipada en Cultura e no Café Bar Boliche)
Despois de xirar por numerosas vilas galegas, traerán ao Principal as cancións do CD “Bailando as rúas”. Un concerto que conta coa participación das estradenses Andrea e Marcela Porto e que servirá para abrir a programación de primavera do Concello da Estrada.