Interrupción do subministro eléctrico na Avenida de Santiago o 11 de abril

08 Abril 2019

A compañía subministradora do servizo eléctrico advertiu de que o interromperá na Avenida de Santiago da Estrada entre as 6:00 e as 6:30 horas do vindeiro xoves, 11 de abril. Este corte de subministro afectará aos edificios comprendidos entre os números pares comprendidos entre o 92 e o 98, ao número 102 e tamén ao 104 da citada avenida.

 

Para resolver calquera dúbida ou aclaración ao respecto, a compañía pon a disposición dos clientes o número de teléfono 900333999, a través do cal, o persoal da mesma atenderá tódalas cuestións por parte dos afectados.

 

 

 

 

  Concello da Estrada
Praza do Concello s/n
36680 A Estrada - Pontevedra
Telf: 986570165
info@aestrada.gal
- Política de privacidad
- Aviso legal
Conforme con:
HTML5 | CSS 3.0
face1
twitter1
inst1
youtub1