O Concello da Estrada propón adxudicataria provisional da zona de xogos da Alameda

08 Abril 2019

O Concello da Estrada propuxo como adxudicataria provisional para a construción da zona de xogos da Alameda á empresa Globalia Urbanismo Integral de entre as tres que concorreron ao proceso, segundo informou o alcalde, José López Campos.

 

Os factores que tiveron máis peso na elección foron a integración tanto de composición como estética na zona da Alameda e co edificio do Concello; o período de mantemento, ao que Globalia engadiu 60 meses aos 24 esixidos pola corporación local e o respecto polas áreas de protección de cada elemento cos demais e co mobiliario da Alameda, un aspecto moi penalizado nas outras candidaturas. Ademais, a empresa adxudicataria provisional inclúe unha baixa económica de 24.000 euros, situando o presuposto nos 216.000 euros fronte aos 240.000 orzamentados para o proxecto.

 

Dúas das empresas, entre as que se atopa a adxudicataria provisional, presentaron unha temática espacial, fronte á temática de monstros da restante. Entre os elementos a instalar cóntase unha tirolina de 30 metros de lonxitude e dúas pirámides de corda de 5 metros conectadas mediante unha pasarela. Na zona destinada aos máis pequenos instalarase un cohete do que sairán varios tobogáns pechados.

 

 

 

 

  Concello da Estrada
Praza do Concello s/n
36680 A Estrada - Pontevedra
Telf: 986570165
info@aestrada.gal
- Política de privacidad
- Aviso legal
Conforme con:
HTML5 | CSS 3.0
face1
twitter1
inst1
youtub1