A oficina de turismo da Estrada abrirá este verán e Fernando Conde cumprirá coa accesibilidade

16 Abril 2019

A oficina de turismo da Estrada abrirá este verán con persoal propio, segundo informou onte o concelleiro de Turismo, Óscar Rancaño, e a Avenida de Fernando Conde cumprirá cos estándares de accesibilidade, asegurou o alcalde, José López Campos.

 

O ano pasado solicitouse unha subvención da Deputación de Pontevedra para dotar á oficina dun técnico de turismo, pero ante a falta de candidatos, esta institución propuxo en novembro ao Concello que se fixera cargo do proceso; unha proposta que se declinou, indicou Rancaño, quen explicou que en base a esta experiencia optarase por xestionar este ano as instalacións e o persoal necesario dende o goberno local, que conta con abrir o punto de atención turística con persoal propio este verán.

 

Por outra banda, López explicou que a obra da Avenida de Fernando Conde cumprirá con todas as cuestións referidas á accesibilidade, así como tamén o fará a reforma da Alameda, ambas encadradas no plan Edusi, que é unha estratexia caracterizada polo desenvolvemento e a sostibilidade.

 

O alcalde lembrou que a obra aínda non está acabada e, polo tanto, a cota actual non é a definitiva. Unha vez que se instale o pavimento, este ascenderá ata o nivel establecido para solucionar este tipo de cuestións, chegando a enrasar co borde da beirarrúa nos pasos de peóns elevados.

 

 

 

 

  Concello da Estrada
Praza do Concello s/n
36680 A Estrada - Pontevedra
Telf: 986570165
info@aestrada.gal
- Política de privacidad
- Aviso legal
Conforme con:
HTML5 | CSS 3.0
face1
twitter1
inst1
youtub1