76 alumnos inscritos na Escola Infantil Municipal da Estrada

17 Abril 2019

A Escola Infantil Municipal da Estrada conta con 76 alumnos matriculados unha vez finalizado o pasado luns, 15 de abril, o período de solicitude de matrícula. Durante os seguintes días valoraranse e baremaranse as solicitudes para certificar que se cumpre coas condicións de ingreso, segundo explicou hoxe a concelleira de Educación, Amalia Goldar.

 

O centro conta con prazas para 102 escolares, polo que as que resulten dispoñibles despois de formalizar as matrículas quedarán a disposición da veciñanza, que poderá matricular aos seus fillos durante todo o ano, sempre que cumpran cos requisitos de entrada.

 

Actualmente hai 10 alumnos apuntados para o grupo de 0 a 1 ano, 26 para o grupo de entre 1 e dous anos e 40 para o de 2 a 3 anos. É imprescindible que os nenos teñan máis de 3 meses para poder matriculalos na escola.

 

Este ano será o segundo no que non haberá listas de espera, como ocorría en cursos pasados, nos que se chegaban a contar ata 35 nenos agardando por unha praza, polo que ningunha persoa que precise deste servizo na Estrada se quedará sen el, rematou Goldar.

 

 

 

 

  Concello da Estrada
Praza do Concello s/n
36680 A Estrada - Pontevedra
Telf: 986570165
info@aestrada.gal
- Política de privacidad
- Aviso legal
Conforme con:
HTML5 | CSS 3.0
face1
twitter1
inst1
youtub1