O Teatro Principal vivirá o 4 de maio a reinterpretación do clásico Aladino e a lámpada marabillosa

23 Abril 2019

Avento Producións reinterpretará no Teatro Principal o clásico de Aladino e a lámpada marabillosa o vindeiro 4 de maio ás 18:00 horas. Os actores que compoñen o elenco da obra xa representaron outros espectáculos, que contaron con gran aceptación na vila, indicou a concelleira de Educación, Amalia Goldar.

 

Este musical pisará as táboas do teatro un día despois da comedia xestual Gag Movie, que representará Producciones Yllana o día 3 de maio ás 21:00 horas e que a esta altura xa leva a metade do aforo vendido. A historia de Aladino contada baixo o prisma de Avento Producións responde ao tipo de relato contemporáneo que adoita a ter moita aceptación entre os nenos e nenas estradenses, explicou Goldar.

 

Sobre o escenario o espectador poderá ver a sete artistas que darán vida a un total de vinte personaxes, nunha reinterpretación actualizada e con tinguiduras modernas dunha obra clásica, apuntou a a actriz que interpretará a Jasmine, Rocío Salgado, que desvelou que o seu personaxe contará nesta adaptación coas súas propias aspiracións e inquietudes.

 

Para rematar, Martín Maez, quen interpreta a Aladino, matizou que non se trata dun espectáculo exclusivamente infantil, senón que os pais e nais ou acompañantes dos rapaces e rapazas poderán desfrutar moito dunha obra na que tamén existen bromas destinadas ao público adulto, ademais dunha banda sonora creada especificamente para a obra como fío condutor da historia.

 

Tanto a concelleira como os actores convidaron á veciñanza estradense a acudir o sábado 4 de maio ao teatro a desfrutar da función e lembraron que as entradas para a obra atópanse dispoñibles a un prezo de 6 euros no Departamento de Cultura do Concello, na xoguetería Tiko Doco da Estrada e na páxina web www.ticketea.com.

 

 

 

 

  Concello da Estrada
Praza do Concello s/n
36680 A Estrada - Pontevedra
Telf: 986570165
info@aestrada.gal
- Política de privacidad
- Aviso legal
Conforme con:
HTML5 | CSS 3.0
face1
twitter1
inst1
youtub1