Mércores 1 (13.00 h): Concerto da Unión de Músicos Veteranos da Estrada
CONCERTO DA UNIÓN DE MÚSICOS VETERANOS DA ESTRADA
DÍA: 01 de maio
HORA: 13.00 h
LUGAR: Teatro Principal da Estrada
XÉNERO: Música de banda
DURACIÓN: 60 min
CATALOGACIÓN: Todos os públicos
ENTRADA: Con invitación (recollida previa no departamento de Cultura ou no despacho de billetes do teatro)
SINOPSE: Este concerto está interpretado por unha trintena de músicos veteranos que pertenceron a distintas formacións estradenses e que se reúnen, baixo a batuta de Simón Couceiro, para celebrar unha xuntanza de confraternidade cun concerto aberto aos amantes do xénero bandístico na vila.
Venres 3 (21.00 h): Gag movie, Producciones Yllana
GAG MOVIE
Yllana Producciones (Madrid)
DÍA: Venres 03 de maio
HORA: 21.00 h
LUGAR: Teatro Principal da Estrada
XÉNERO: Comedia xestual
DURACIÓN: 75 min
CATALOGACIÓN: +12
ENTRADA: Con invitación (recollida previa no departamento de Cultura ou no despacho de billetes do teatro)
SINOPSE: Filmar unha película nunca é tarefa fácil e menos cando a actriz principal é unha diva insoportable, o director un perfeccionista obsesivo, o produtor un mafioso avarento e o actor principal foi substituído polo sobriño do produtor malia carecer de ningún talento interpretativo.
Yllana adéntrase esta vez na disparatada rodaxe dunha película, e fai unha divertidísima sátira sobre a fama, a imaxe e a sétima arte. Cámara, acción e risas!
Sábado 4 (18.00 h): O musical de Aladín e a lámpada marabillosa, Avento Teatro
ALADÍN E A LÁMPADA MARABILLOSA, O MUSICAL
Avento Producións
DÍA: Sábado 04 de maio
HORA: 18.00 h
LUGAR: Teatro Principal da Estrada
XÉNERO: Musical infantil
DURACIÓN: 70 min
CATALOGACIÓN: + 4 anos
ENTRADA: 6,00 (recollida previa no departamento de Cultura ou en Tikodoco)
SINOPSE: Aladino é un rapaz que traballa para os mercaderes de Agrabah co fin de conseguir unhas moedas coas que mercar algo de comer.
Jafar, o malvado visir real, enganarao para obrigalo a roubar a lámpada máxica da cova das marabillas. Mentres no palacio, o sultán trata de atopar un príncipe co que casar a súa filla sen que esta dea o seu consentimento.
Domingo 5 (19.30 h): Contiños da terra, Escola Municipal de Artes Escénicas
CONTIÑOS DA TERRA
Escola Municipal de Artes Escénicas
DÍA: Domingo 5 de maio
HORA: 19.30 h
LUGAR: Teatro Principal da Estrada
XÉNERO: Comedia
DURACIÓN: 60 min
CATALOGACIÓN: Todos os públicos
ENTRADA: De balde con recollida previa no departamento de Cultura
SINOPSE: A unidade de produción da Escola Municipal de Artes Escénicas apoiada na adaptación que o dramaturgo Santiago Cortegoso fixo de varios relatos de Os Contiños da Terra de Manuel García Barros, pon en escena unha montaxe dirixida polo propio Cortegoso e interpretada por Chelo do Rejo, Fran Campos e Gonzalo Valcárcel.
A montaxe, ao xeito que facía a comedia grecolatina ou a francesa do século XVII no seu contexto sociolóxico, satiriza tipos e costumes da sociedade da Galicia de primeiros do século XX.