A Estrada destinará 88.000 euros para mellorar o abastecemento de auga do rural

06 Mai 2019

A Estrada destinará 88.000 euros para mellorar o abastecemento de auga do rural. O investimento sairá dos remanentes de dúas obras xa executadas; unha de mellora do saneamento na Avenida Benito Vigo e outra tamén de abastecemento no rural, segundo informou hoxe o alcalde, José López Campos.

 

A iniciativa encóntrase nestes momentos en proceso de exposición pública á espera da autorización dos puntos de captación por parte de Augas de Galicia para comezar co proxecto. Unha vez concedida a autorización, procederase á captación da auga, que se efectuará mediante perforacións dirixidas (non verticais) dunha lonxitude de 230 metros coa axuda dun topo que busca a auga.

 

Estímase que estes dous novos puntos de captación, xunto cos dous existentes que seguirán funcionando, todos eles no Monte da Grela, aporten un subministro de 27.594 metros cúbicos de auga ao ano procedentes de catro mananciais, finalizou López.

 

 

 

 

  Concello da Estrada
Praza do Concello s/n
36680 A Estrada - Pontevedra
Telf: 986570165
info@aestrada.gal
- Política de privacidad
- Aviso legal
Conforme con:
HTML5 | CSS 3.0
face1
twitter1
inst1
youtub1