A Estrada homenaxea o sábado a Antonio Fraguas con contos e cancións

07 Mai 2019

A Estrada homenaxea este sábado, 11 de maio, ás 12:30 horas no Teatro Principal a Antonio Fraguas con contos e cancións. O músico Xoán Curiel e a contadora Charo Pita serán os encargados de dar vida a unha actividade de dinamización lingüística titulada Canta, miña pedra, canta.

 

Trátase dun espectáculo familiar que xira arredor dos relatos populares galegos e das cancións que o autor, a cuxa figura se dedican as Letras Galegas 2019, recolleu nas súas Aportacións ao cancioneiro de Cotobade. Por motivos de aforo é preciso retirar invitacións, que xa se atopan dispoñibles no Departamento de Cultura do Concello da Estrada para acudir á actuación.

 

 

 

 

 

  Concello da Estrada
Praza do Concello s/n
36680 A Estrada - Pontevedra
Telf: 986570165
info@aestrada.gal
- Política de privacidad
- Aviso legal
Conforme con:
HTML5 | CSS 3.0
face1
twitter1
inst1
youtub1