O alcalde da Estrada prevé que o centro de saúde estea rematado este ano

09 Mai 2019

O alcalde da Estrada, José López Campos, prevé que a obra do centro de saúde estea rematada a finais deste ano. Con todo o mundo pendente da Alameda a xente parece esquecer o traballo que se está a realizar no centro de saúde, que é a gran estrutura que precisa A Estrada, licitada por algo menos de cinco millóns de euros, lembrou o rexedor local.

 

O final da obra estaba previsto para xuño de 2020 pero, gracias á axilidade que lles brinda aos operarios e traballadores poder dispoñer do espazo despexado dunha parcela sen infraestruturas ao seu arredor, poderán rematar antes de tempo. A rapidez na construción do edificio permitirá á súa vez unha posta en funcionamento adiantada.

 

A obra atópase agora mesmo nun estado avanzado no que xa conta coa instalación das fachadas exteriores en zinc que rodean o complexo, salvo a frontal pertencente á U interior, que se está revestindo nestes momentos en carpintería de aluminio. Estase traballando tamén na colocación das ventás pertencentes a cada consulta para, a continuación prestar toda a atención na instalación dos servizos. Ao tratarse dun edificio das características dun centro de saúde precísase unha gran carga dos servizos de gas, electricidade e datos, entre outros.

 

Posiblemente cando estea acabado vaia a ser unha das mellores infraestruturas sanitarias de Galicia, afirmou López, un edificio impoñente que resalta na zona tanto visualmente coma  na parte funcional, que para nós como equipo de goberno supón un éxito e polo que hai que agradecer ao Conselleiro de Saúde a súa implicación.

 

 

 

 

  Concello da Estrada
Praza do Concello s/n
36680 A Estrada - Pontevedra
Telf: 986570165
info@aestrada.gal
- Política de privacidad
- Aviso legal
Conforme con:
HTML5 | CSS 3.0
face1
twitter1
inst1
youtub1