A exposición de bonsais prevista para a Festa do Salmón contará con 30 árbores

10 Mai 2019

A exposición de bonsais, encadrada dentro das actividades da Festa do Salmón e que terá lugar na Sala Abanca entre o 17 e o 19 de maio, contará con arredor de 30 árbores. A colección poderá visitarse en horario de 10:00 a 14:00 horas pola mañá e de 16:00 a 20:00 horas pola tarde, segundo explicou hoxe o concelleiro de Cultura, Juan Constenla.

 

Este será o primeiro ano que se vaia a realizar esta exposición, pero esperamos realizala cada ano coincidindo coa Festa do Salmón, explicou o integrante do club, Kiko Torrado, que leva máis de 30 anos como afeccionado ao cultivo e coidado destas árbores.

 

O club comezou a súa actividade en novembro do pasado ano e nestes momentos conta con 37 socios, indicou Óscar Expósito, outro dos integrantes do club. Dende entón realiza dous talleres cada semana nas instalacións do local social de Baloira e a este efecto, tanto Torrado como Expósito quixeron agradecer a colaboración do Concello á hora de ceder o espazo para impartir eses talleres de bonsai.

 

Tratarase de xuntar árbores dun certo nivel para a exposición e haberá exemplares de toda a comunidade e incluso de fóra de Galicia. Non todos os integrantes do club exporán os seus bonsais porque non todo o mundo dispón de árbores presentables, explicou Expósito.

 

O do bonsai é un mundo que se gusta, engancha, pero no que a afección parece estar sumerxida; falta comunicación. Unha das coleccións máis importantes de Europa está en Padrón e Juan Liñares está en Bandeira, aí ao lado, e ao principio non sabíamos del, adoeceu Torrado para rematar.

 

 

 

 

 

  Concello da Estrada
Praza do Concello s/n
36680 A Estrada - Pontevedra
Telf: 986570165
info@aestrada.gal
- Política de privacidad
- Aviso legal
Conforme con:
HTML5 | CSS 3.0
face1
twitter1
inst1
youtub1