O Concello da Estrada convoca curso PRL para desempregados e autónomos

14 Mai 2019

O Concello da Estrada, en colaboración coa Fundación da Construción, convoca un curso de Prevención de Riscos Laborais de 60 horas de duración, que estará destinado a persoas desempregadas e autónomos que estean empadroadas no municipio.

 

Ofrecerase a maiores un curso de seis horas dun oficio específico a petición dos solicitantes. Cada unha das persoas interesadas deberá indicar un curso do seu interese, como pro exemplo albanelería, movemento de terras ou soldadura, e o máis votado entre as persoas inscritas será o que se impartirá finalmente.

 

Trátase dun curso moi solicitado, para o que se conta con 25 prazas que se irán cubrindo en rigoroso orde de inscrición a través do correo Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.. Ante a posibilidade de que algunhas das persoas interesadas en realizar o curso específico conten xa co curso de prevención de riscos laborais, rógase que fagan constar no correo da solicitude esa situación, xunto co nome da formación específica que desexa recibir.

 

Ambos cursos son presenciais e as datas de comezo e horarios comunicaranse unha vez que as listas de participantes estean configuradas.

 

 

 

 

  Concello da Estrada
Praza do Concello s/n
36680 A Estrada - Pontevedra
Telf: 986570165
info@aestrada.gal
- Política de privacidad
- Aviso legal
Conforme con:
HTML5 | CSS 3.0
face1
twitter1
inst1
youtub1