Concello da Estrada en colaboración coa Fundación Laboral da Construción organiza curso básico de prevención de riscos laborais + transversais de oficios

15 Mai 2019

O Departamento de Emprego do Concello da Estrada en colaboración coa Fundación Laboral da Construción organiza CURSO BÁSICO DE PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS (60 HORAS) + TRANSVERSAIS DE OFICIOS (+6 HORAS).

 

O curso será TOTALMENTE GRATUÍTO e ten como persoas destinatarias a DESEMPREGADOS/AS E/OU PERSOAS AUTÓNOMAS QUE ESTÉN EMPADROADAS NO CONCELLO DA ESTRADA.

 

As modalidades son:

 

1.- Participar exclusivamente no curso básico de prevención de riscos laborais (60 horas presenciais).

2.- Participar no curso básico de prevención de riscos laborais e facernos constar qué curso específico de oficios desexa facer a maiores ( albanelería; carpintería; traballos en alturas; soldadura; movemento de terras, etc).

3.- Aquelas persoas que xa teñan o curso básico de PRL pero queiran realizar o específico dalgún oficio, facernos constar qué específico de oficios queren realizar.

 

O número total de prazas dispoñibles é de 25 para o curso básico de prevención de riscos laborais e 25 para o curso específico de oficios.

 

Dado que non podemos realizar un específico para cada oficio, a elección do mesmo farase en función daquel que sexa máis demandado polas persoas participantes. 

 

Para participar nestas formacións as persoas interesadas deben enviarnos un correo electrónico ao enderezo Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. facendo constar o seu nome e apelidos completo; DNI/NIE; teléfono de contacto e especificar en qué modalidade formativa desexan participar ( PRL exclusivamente; PRL + específico de oficios que desexen; Específico de oficios que desexan realizar).

 

Dado que esta formación é moi demandada, as prazas adxudicaranse por rigurosa orde de inscrición.

 

No caso de quedar prazas vacantes, aquelas persoas en situación laboral ACTIVA, empadroadas no Concello da Estrada tamén poderán participar.

 

Para a resolución de calquera dúbida, poden contactar co teléfono 986 677 740.

 

 

 

 

 

  Concello da Estrada
Praza do Concello s/n
36680 A Estrada - Pontevedra
Telf: 986570165
info@aestrada.gal
- Política de privacidad
- Aviso legal
Conforme con:
HTML5 | CSS 3.0
face1
twitter1
inst1
youtub1